martes, 5 de junio de 2012

8 de xullo Monte Louro (Muros)


Os puntos de encontro foron ás 9 na Casa da Cultura de Boiro e ás 10 na Praia de San Francisco (Louro-Muros) no aparcamento ao final da praia a man dereita (cerca do bar Atlántico).
Saimos andando de San Francisco e ascendemos ata as antenas de monte Louro e fomos por unha corredoira ata a lagoa, dende alí bordeamos a lagoa ata o observatorio de paxaros e seguimos ata a carretera; cruzamos a carretera, fomo polo pobo de Louro e subimos ata o petroglifo da roda.
Tivemos un día ideal para andar sen chuvia e sen calor.

Dificultade fácil,11 km aproximadamente.

3 comentarios:

  1. boas vintedous pes,queriavos comentar que a data escollida para facer a ruta"monte louro",coincide coas festas de boiro,co que o lugar donde nos reunimos para sair todos xuntos(a cachada),estara ocupado cos chiringitos da festa.opcions:ou cambiar de fecha,ou de lugar de reunion...un saudo.

    ResponderEliminar
  2. Olá!

    Louro é ben lindo. Algún dia teredes que ir a Carnota, o seu hórreo ten...22 pés!

    Saudazóns

    Aerolito

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Vale Aerolito, grazas pola suxestión. Teremos que facer o local social de Vintedouspés no horreo de Carnota de 22 pés ;-)
      Saúdos
      Anxo

      Eliminar