martes, 10 de julio de 2012

11 de agosto ruta nocturna Chans do Barbanza


Os puntos de encontro foron ás 9 da tarde diante da Casa da Cultura de Boiro (Avda. da Constitución) e ás 9 e 10 da tarde en Moimenta (cruce para ir a EVA 10, Iroite). Subimos nos coches ata cerca de Iroite, empezamos a andar facendo a ruta das mámoas do Barbanza, nun tramo de arredor de 4 km pasmos por arredor de 13 mamoas e dólmenes, o último foi a Arca do Barbanza, un dos dólmenes máis grandes de Galicia, despois dirixímonos ao monte Enxa (cerca de Porto do Son) e dende alí collemos unha pista que nos levou ao punto de saída, ao longo desta pista disfrutamos de fermosas vistas da ría de Muros e Noia. Fixemos unha pequna parada nun momento que se foron as nubes para ver as constelacións e algunha estrela fugaz. Ao chegar Paco, Montse, e manoli sorpendéronnos con licores, refrescos, bizcoito e rosca.





Hai que ser moi puntuais para coller a zona das mámoas de día e deberase respetar o medio ambiente.Para anotarse chamade por teléfono aos números 615 637 227 ou 637 954 090 ou mandade un email a: vintedouspes@gmail.com . Cando vos anotedes especificade de onde saídes.
Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detras que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.
Non é necesario que todos levemos linterna, pero algunha convén levar, as ideais son as frontais, para levar as mans libres. Non se vai ir todo o tempo coas linternas encendidas, so se encenderán cando sexa necesario. Normalmente nas Chans do Barbanza pola noite refresca bastante, dependendo como esté a noite haberá que ir preparados para o frio, tamén se pode levar unha manta para deitarse a ver as estrelas. Hai que levar calzado axeitado para andar polo monte e tamén é aconsellable levar algo para picar (froita, barriñas enerxéticas, ...) e auga.

CAMISETAS: fixemos camisetas coa cabeceira do blogue de Vintedouspes e unhas pisadas, hai algunhas encargadas que levaremos á ruta nocturna, se alguén quere encargar algunha mandade email canto antes (en agosto non se poden pedir) indicando talla, costan 6 €.

IMPORTANTE: Vintedouspes é un grupo de amigos afeccionados ao sendeirismo, non hai ningún seguro que cubra posibles imprevistos, cada un que dos participantes nas saídas se fai responsable de si mesmo. No caso de que alguén lle interese ter un seguro para estas actividades aconsellamos que se faga socio da Federación Galega de Montañismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario