lunes, 12 de diciembre de 2011

sabado 17 de decembro Belen de Cumes (Concello de Lousame) e domingo 18 decembro Minas de San Finx (Vintedouspes)

Ola, o sábado 17 de decembro o Concello de Lousame organiza 2 actividades Belen de Cumes e Ruta de sendeirismo Tállara - Iroite.
BELEN DE CUMES 2011  
Turismo e Deportes do Concello organiza un ano máis o Belén de Cumes. Nesta ocasión farase un percorrido de 4 Km saíndo ás 10.30 h da igrexa de Tállara ata o muiño da Barreira.
Información e Inscrición no teléfono 981 820 494


RUTA TÁLLARA-IROITE

A Concellería de Turismo e Deportes do Concello propón para o vindeiro día 17, a inauguración da nova ruta de sendeirismo, Tállara-Iroite. Trátase dun percorrido de 18 Km cun nivel de dificultade medio-alto saíndo ás 10.30 h da igrexa de Tállara. Máis información na Oficina de Deportes do Concello e no tfno. 981 820 494

(para máis información na páxina web do Concello de Lousame) 




****************************************************

Vintedouspes o domingo 18 de decembro repite a ruta de Minas de San Finx, os puntos de encontro son ás 9 menos cuarto diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 e 5 diante do complexo polideportivo A Silva (Lousame). A ruta realizarase como se fixo o 13 de novembro, tamén haberá visita guiada ao museo (ver máis información na entrada deste blogue desa saída).
Dificultade: media-alta, ata as Minas de San Finx temos unha ascensión moderada, pero dende aí ata o alto de Aguieira hai unha ascensión pronunciada, aproximadamente partimos de 70 metros de altitude, As Minas de San Finx están arredor de 170 m de altitude e despois ascendemos ata 400 m de altitude aproximadamente. Duración estimada 5 horas e media (dende que saimos de A Silva ata que regresamos, incluindo os 30 minutos de visita guiada ao Museo). Kilómetros: 17 aproximadamente.
Para anotarse (na do domingo) podes chamar a 615 637 227 ou 637 954 090 ou por email: vintedouspes@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario