viernes, 23 de diciembre de 2011

15 de xaneiro saída Petroglifos Porto do Son



 O domingo 15 de xaneiro fixemos unha ruta na que vimos dous petroglifos polo Concello de Porto do Son. Os puntos de encontro foron ás 9 da mañá en Boiro, diante da Casa da Cultura (Avda. da Constitución) e ás 9.30 na Praia do Dique, (ponte da carretera vella) en Queiruga - Porto do Son, km 93 de la Ac 550 ao pasar Queiruga, unha curva pechada a man esquerda, un desvio a man esquerda antes do camping de Baroña.Si se ven de Noia km 93 desvio á dereita despois do camping.




   Se foi por piñeirais e acantilado ata cerca do castro, cruzouse a carretera para chegar a Baroña e os petroglifos do monte Gurita, aquí empezou a subida suave. A ruta sigue subindo ata a carretera do Enxa onde se endurece un pouco a subida aunque non é moi longo, bonitas vistas. Dende aí se vai por unha pista moi boa con lixeira subida bordeando o monte ata quedar por riba do Son onde hai outro petroglifo pequeno.Seguimos a pista ata Montemuiño e empezamos a baixada por corredoiras que unen as aldeas ata o final, con algún repecho pero pouca cousa.
Neste enlace está colgada a ruta e o perfil. http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2345769

   Dificultade: media. Duración estimada da ruta de andar  4 horas e media (paradas incluidas) . Kilómetros: 16.


.


12 comentarios:

  1. Unha recomendación ecolóxica, especialmente se visitades espazos naturais. Lavade ben as solas das botas e calzado deportivo. Pegadas á terra hai multitude de sementes, algunha delas de especies de plantas de carácter invasor. Non custa moito e se evitan problemas a posteriori na natureza. As plantas invasoras de cultivos producen danos económicos considerables e poden producir transformacións rápidas do medio.

    Boas festas!

    ResponderEliminar
  2. Ola chegou Papá Noel,

    Para quen lle interese , varios blogs de sendeirismo:
    http://dominguerosenmarcha.blogspot.com/
    http://sudandobotas.blogspot.com/

    E a mellor librería de España de temas de montaña:
    http://www.libreriadesnivel.com/

    O club de montaña talvez máis próximo, Club Deportivo Fontiñas

    http://www.madsantiago.com/cdf/index.php?option=com_content&task=view&id=195&Itemid=82

    Para viaxes tamén esta librería:
    http://www.altair.es

    ResponderEliminar
  3. Grazas Anónimo por esos comentarios e enlaces
    Feliciano 2012 a todos os que nos acompañaron ao longo deste 2011
    Anxo

    ResponderEliminar
  4. Esquecínme desta: www.carreiros.es
    Ten multitude de rutas
    Estoutra ligazón xa foi citada no blog:
    www.fgmontanismo.es/sendeiros.html

    Feliz ano novo!

    ResponderEliminar
  5. Supoño que non será compatible, pero é unha pena, moi cerca da Praia do Dique está a igrexa de Santo Estevo de Queiruga, onde hai unha formidable estela romana atopada na praia próxima de Queiruga.

    ResponderEliminar
  6. Ola,

    A ruta en wikiloc pasa perto da Igrexa de Santo Estevo, pero non por ela,sería un complemento moi interesante, como é domingo supoño que estará aberta (con tal de non ir na misa non se molestaría)Non sei quen está de cura agora, pero eu visiteina hai varios anos sen problema

    Miguel

    ResponderEliminar
  7. Desculpas, non é unha estela, é unha inscrición romana en mármore branco, como dixen atopada na praia de Queiruga, como non hai mármore branco en Galicia, é material importado hai 2000 anos

    ResponderEliminar
  8. Grazas Miguel pola suxestión, vamos pensar no grupo a posibilidade de facer esa variante e dentro duns días informamos do que se decidiu.
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar
  9. Non se pasa andando cerca da igrexa que fala Miguel, polo que se decidiu non visitala nesta ocasión. De todolos xeitos quen lle interese pode visitala pola súa conta, está ao lado da carretera, pero non sabemos cal é o horario de apertura.
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar
  10. Pois si, nos mapas ás veces as distancias enganan. Desde a saída até a capela pode haber 1 Km ou así. Non teño idea se estará aberta, pero pode ser unha alternativa se o tempo está malo (as previsións son frío e chuvascos, con vento do W é previsible tamén algo de brétema en zonas altas nesa zona). Descubrín algunha cousas curiosas sobre a lápida, que aportan algo de misterio.

    Até logo

    Miguel

    ResponderEliminar
  11. Ola, por fin puiden medir a distancia, polo SIGPAC, pasamos a 275 m :)
    Hai dúas igrexas, a de Santa Lucía e a de Santo Estevo,está máis para cima, nesta última é onde está a lápida, que di así, entre parénteses as letras que non veñen:

    C(aius) ATTIUS ATTIANUS RUFINUS SEILIENSIS
    ANN (ORUM) XXII H (ic) S(situs) E(st) ATTIUS
    RUFUS PATER ET SABINULA MATER FECE(runt)

    Boeno, a tradución é fácil..

    Miguel

    ResponderEliminar