miércoles, 8 de diciembre de 2010

Ideas, propostas, suxestións,...

Ola, nesta sección pódense dar ideas, facer propostas, facer suxestións, propoñer proxectos en relación a este club de sendeirismo. Así que xa sabedes, a comentar!!!!!.
Saúdos

13 comentarios:

  1. Ola Anxo:
    Aproveito para felicitarche pola entrada, agardo que as aportacións sexan numerosas.
    Manolo

    ResponderEliminar
  2. Ola, eu teño ganas de facer no mes de abril (temos tempo para madurar a idea) unha ruta longa, está divulgada pola Mancomunidade de Arousa Norte, sería ir dende A Curota ata A Muralla (Rianxo) pasando por A Miserela, A Portela, Chans do Barbanza, Cadarnoxo, San Ramón de Bealo, e Araño, son sobre 48 km, levaría sobre 10 horas, faríanse 2 paradas para descansar e comer algo. A dificultade da ruta sería alta polos kilómetros a realizar.
    Teríamos que dispoñer de coches para ir ata a Curota e teríamos que deixar coches na base da Muralla para recollernos ao chegar. No suposto de que vaiamos 10 persoas farían falta 4 coches.
    Que vos parece?, atrevémonos?.
    Boas festas e que teñamos un 2011 cheo de agradables saídas
    Anxo

    ResponderEliminar
  3. Ola Anxo:
    Estupenda idea, co entrenamento que levamos seguro que o conquerimos. Tamén podiamola facer en dous tramos con vivac e lume de campamento.Eu comprometome a cantar cancións scouts.
    Manolo.

    ResponderEliminar
  4. Bo@s! Encontramonos con forzas? Pregunto porque me gustaría suxerir unha ruta o que pasa é que é todo subida dende a aldea de Moimenta ata o vértice xeodésico (punto de referencia para as medicions que emprega o Instituto Nacional Xeográfico) que se encontra no monte Iroite.
    Bueno, cun bo almorzo daríamolo acadado ou ó mellor ainda queda alguen con calorias acumuladas das navidades... :-). Sempre nos queda a posibilidade de facela á inversa.
    Problema añadido non é circular iríamonos a 18,500 km, xa me comentaredes. S@udos.

    ResponderEliminar
  5. Ola, eu vexo interesante a proposta de abrakdabra, podíamos quedar algúns integrantes do grupo un día para probala e incorporala á lista de "próximas saídas".
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar
  6. Ola, un grupo de afeccionados á fotografía e ao sendeirismo de Boiro teñen previsto en abril ou maio pasar un fin de semana a Peña Trevinca.
    Preguntan se algún dos Vintedouspes se apuntaría, así que se alguen se anima que avise.
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar
  7. A idea do vivac agora que ven o bo tempo é moi apetecible.
    Durante as rutas, algunha xente falaba de ir ó courel aproveitando algun festivo. Creo que unha voltiña polo Courel en outono ten que ser moi bonita. Aqui deixo a suxerencia.
    Maria.

    ResponderEliminar
  8. Polo que vexo hai moita xente interesada no sendeirismo no Barbanza. O lóxico non sería facer un club? con estatutos e todo, digo eu, para integrarse na Federación Galega de Montaña. Supoño que algunha vantaxe terá, da mesma maneira que debe haber vantaxes para outros deportes. Porque isto, á parte de pasatempo, é un deporte...se é o boxeo isto tamén será, non?

    ResponderEliminar
  9. Ola Anónimo, facer un club sería interesante e creo que co tempo se pode facer pero tal como vai este grupo penso que aínda non é factible. De tódolos xeitos se a xente expresa que lle interesa poderíamos dar ese paso, neste enlace tes algo de información de vantaxe de federarse
    http://www.fgmontanismo.es/licenza.html

    ResponderEliminar
  10. Ola, gracias
    Tempo ao tempo. En todo caso, por outras experiencias, este tipo de iniciativas (sen máis papeleo, sen unha organización estable detrás) funcionan moi ben, moitas veces teñen máis éxito e máis actividade que algúns clubs. O que fai falta é xente interesada e poñerse a andar! Ademais penso que o feito de realizarse moi cerca as saídas e aos domingos é moi boa maneira de facer estas saídas. Noraboa a até logo!

    ResponderEliminar
  11. Para rutas largas,sin ser circulares,hai varias posibilidades,para min unha moi interesante ,sería,dende o S.Lois ata a Curota.Saudos a tod@s.

    ResponderEliminar
  12. Pois esa proposta de Carlos (S. Lois - A Curota ou outras similares) me ten boa pinta.
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar
  13. por intentalo que non quede,non meter moita marcha

    ResponderEliminar