jueves, 23 de diciembre de 2010

Domingo 16 de xaneiro Río Beluso - Monte de San Ramón (Boiro)

O domingo 16 de xaneiro do 2011 fomos en coche ata San Ramón de Bealo (Boiro), percorremos a beira do río Beluso e ascendemos ao Monte de San Ramón.
    A ruta foron 12 Km aproximadamente, sobre 3 horas levou facela, e a dificultade foi media. Esta ruta foi marcada e divulgada pola Mancomunidade de concellos Arousa Norte. Vimos varios petroglifos, na foto do grupo estamos ao lado do petroglifo da serpe de Bealo.
Se queres, podes comentar algo sobre esta saída.

5 comentarios:

  1. Ol@! Non sei si e impresion miña ou a familia (grupo) aumenta pouco a pouco..espero que sigamos asi en agradable compañia e por bos camiños. Ch@0

    ResponderEliminar
  2. Pois parece que abrakdabra ten razon, mirando a foto da 1ª saída conto 20 pes e cos do fotógrafo que me imaxino debe ter 2 me saen 22, en cambio nesta 5ª saída na foto conto 50, contando 4 de Nebra (e que conste que non sei se alguén pasaría de colocarse na foto), e se o fotógrafo segue tendo 2 pois saen 52 pes. Para min a cantidade é o de menos, o importante é a calidade, e no grupo vexo ben as dúas cousas a cantidade e a calidade.
    Disfrutei moito da primeira parte da ruta á beira do Beluso e que ademáis coincidiu coa parte que non nos choveu.
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Nos somos principiantes e encantounos, tanto a xente como a ruta, a pena foi que chovera tanto, pero do resto todo estubo genial.

    Un saudo

    ResponderEliminar
  5. Encántame que a "i dijo" lles emcantara a saída !!!!! ;-)
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar