POLO DE AGORA HAI PRAZAS
O club organiza unha saída o 7 e 8 de novembro “outono nos bosques” por Allariz.
So poden ir socios/as. Iremos en coches particulares, se
algún non ten con quen ir pode contactar con nos e se lle buscará sitio.
Faremos un grupo de whatsapp cos inscritos para concretar detalles de última
hora e estar en contacto.
Estaremos aloxados no hostal Alarico e no caso de non coller
todos aí tamén estaremos no hotel O Portelo rural, ambos no centro de Allariz.
O coste de habitación doble é de 70 €, a habitación individual 50 €, e hai algunha
triple na que poñen unha cama supletoria o coste é de 80 € (almorzo non
incluído). Como club reservamos so a noite do sábado, se alguen quere coller
máis noites reservará pola súa conta.
Plan previsto:
Sábado 7: cada coche se organiza como considere o punto de
encontro será aparcamento xunto ao mosteiro das clarisas, diante da igrexa de
San Bieito (Allariz) ás 10 horas (hora
de Galicia) para empezar a andar. Faremos a ruta do Canelar, sobre 15 km,
circular e de dificultade media. Pasaremos por Roimelo, Fonte do Santo, Igrexa
de San Salvado, Muíño da Cebola, Xugueiros e Parque Portovello.
Domingo 8: faremos a RUTA DE AIRAVELLA (carballeiras) e a
PADELA (acebos) pasando polo REXO
(espazo con pedras pintadas por Ibarrola, e fabrica de queixo de ovella)
sobre 16 km, circular de dificultade media.
Este plan inicial pode sufrir algunha variación. Hai que
levar algo de comida para comer nas rutas do sábado e domingo. A plan é cear xuntos o sábado pero polo de
agora non está reservada. Concretaremos cando rematen as inscricións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario