Rutas previstas segundo semestre 2026. Este é un plan provisional, cando se acerquen as datas as iremos confirmando.
19 de xullo ruta do Xabriña (Covelo). Xa se mandou correo informando e está en prazo para inscribirse. Aberta a non socios e vamos en autobús.
8 de agosto ruta nocturna por A Muralla (Rianxo)r.
6 de setemro ruta “penedos de Pasarela e Traba”. En autobús e aberta a non socios.
27 de setembro “Volta á Illa de Arousa”.
10, 11 e 12 de outubro tres rutas por Peneda-Geres (Portugal).
14 e 15 de novembro “outono nos bosques” da zona de Allariz.
25 de outubro 4ª etapa de “A volta ao Barbanza”.
29 de novembro 5ª etapa de “A volta ao Barbanza”
13 de decembro Ruta por O Termuzo (Serra de Outes).
O domingo 19 de xullo faremos a ruta do Xabriña. Sobre 17 quilómetros, dificultade media.
É unha ruta aberta a non socios/as e persoas sen federar, aos que se lle fai un seguro de día. Se tedes coñecidos que lles poda interesar podedes informarlles. Abrimos o prazo inscrición con bastante tempo de antelación ao ser aberta a non socios/as. Iremos en autobús.
Puntos de encontro:
Avda da Constitución de Boiro, zona da Casa da Cultura, enfrente a tenda aluzine ás 8.
Rotonda de Te (Rianxo) ás 8 e 10.
Rotonda gasolineira Repsol cerca de Catoira ás 8.20.
O autobús non pode agardar pola xente, debedes estar 5 minutos antes da saída nos puntos de encontro.
Se algún sae de Noia ou arredores podemos falar ca empresa de autobús por se poden incorporarse nesa zona contactade con nos para quedar.
Para inscribirse hai que:
- facer un ingreso:
12 € se eres socio do noso club e federado (o club subvenciona parte do coste).
15 € federados doutros clubs, deberán mostrar tarxeta federativa deste ano ao subir ao autobús (vale desde o mobil).
20 € non federados (nesa cantidade unha parte é para o seguro de día).
na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca), deixando constancia no ingreso ruta do Xabriña, o nome da persoa/parella ou grupo inscrita.
- mandar un correo electrónico a vintedouspes@
O prazo para inscribirse remata o xoves 16 de xullo ás 11 horas. No caso de que te anotes, o sábado 18 de xullo a partir das 15 horas revisa o noso blog por se hai algún cambio de última hora. Se tes algunha dúbida podes contactar con nos.
Aconsellamos levar calzado axeitado para andar pola montaña e non esvarar, bocadillo ou algo similar para comer na ruta e auga. Tamén se pode levar unha mochila para deixar no autobús e mudarse ao chegar.
Descrición da ruta feita por Turismo de Galicia
O río Xabriña, afluente do Tea, convértese no verdadeiro protagonista desta ruta circular que parte da parroquia de Paraños e que visita outros lugares como Prado de Canda e A Lamosa.
Ademais da exquisita vexetación que o camiño presenta nas súas marxes, ao longo del pódese gozar dunha extraordinaria riqueza etnográfica e cultural, xa que durante toda a ruta atopamos elementos de gran valor e en bo estado de conservación, como a igrexa parroquial de Paraños, varias cerarías antigas, coma o «Lagar da Cera» en Portocortiñas, case trinta muíños ao longo do río, camiños tradicionais, fontes, pasos de auga, e pontes coma a de Ponte Folón.
O seu deseño circular divídese en dous grandes aneis.
O primeiro percorre o río dende Paraños a través de frondosos bosques e ata Ponte Folón. O segundo anel, que visita Prado e A Lamosa, achéganos ao Miradoiro de Cotos da Bouza e a pequenas aldeas onde poderemos coñecer a actividade dos antigos artesáns que se dedicaban a traballar coa cera.
Ademais, en varios puntos do camiño encontraremos paneis que recollen poesías do poeta galego Uxío Novoneyra procedentes do seu libro titulado Os Eidos.
Máis información da ruta neste enlace da comunidade de montes de Paraños https://
No hay comentarios:
Publicar un comentario