miércoles, 23 de julio de 2025

9 de agosto ruta nocturna "Bordear Iroite"

Decidimos cambiar o punto de inicio da ruta nocturna, o resto sigue como estaba previsto, o sábado 9 de agosto o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza unha ruta nocturna circular "Bordear Iroite" empezaremos a andar cerca de Casamea nun lugar que hai para aparcar na estrada que une Moimenta (Boiro) con Iroite, na seguinte ubicación (https://maps.app.goo.gl/vfTG5Znp93RsXFKh9)


O sábado 9 de agosto o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza unha ruta nocturna "Bordear Iroite" empezaremos a andar erca de Casamea nun lugar que hai para aparcar na estrada que une Moimenta (Boiro) con Iroite, na seguinte ubicación(https://maps.app.goo.gl/vfTG5Znp93RsXFKh9) ao finalizar tomaremos un chocolate con rosca. 

Transcurre polos concellos de Lousame e Boiro, ao ser nocturna iremos por pistas e camiños de terra en bo estado, teremos boas vistas das rías de Muros-Noia e Arousa. Esta ruta foi a primeira ruta realizada como grupo "Vintedouspés" hai quince anos.

Esa noite hai lua chea, se o ceo está despexado teremos bastante visibilidade cando non vaiamos por bosque pero aconsellamos -non é obrigatorio- levar por se acaso linterna - o máis cómodo é unha frontal para ter as mans libres- e chaleco ou algo reflectante

 Puntos de encontro son:

 En Boiro ás 21.30 horas na Avda da Constitución, diante da Casa da Cultura de Boiro

  Ás 22 horas no punto de inicio da ruta para empezar a andar https://maps.app.goo.gl/vfTG5Znp93RsXFKh9

 Distancia a percorrer sobre 12 km. Dificultade fácil.

 Para inscribirse deberás contestar a este correo indicando nome, apelidos e lugar onde te incorporas antes das 20 horas do xoves 7 de agosto.

 No caso de te inscribas o sábado 9 de agosto a partir das 11 horas deberás consultar o noso blog por se hai algún cambio de última hora.

::::::::::::::::::::::::::_

 Despois a próxima ruta do club será o 7 de setembro e iraá polo monte Tahume.

No hay comentarios:

Publicar un comentario