Rutas previstas para o ano 2026 (este plan pode sufrir variacións):
lunes, 15 de diciembre de 2025
Rutas previstas para o ano 2026, calendario de andainas da FGM e vídeo do 2025 do noso club
Licenzas federativas 2026
Información por se te queres facer socio/a e federarte no
ano 2026 co Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés:
Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)
DESCONTO FAMILIAR EN FEDME
Os federados en modalidade infantíl ou xuvenÍl que no
momento da emisión da licenza acrediten ter un pai/nai ou titor/a federado/a na
federación,
obterán un descontó do 50% do prezo do seguro, so nas
modalidades FEDME.
Os poseedores da licenza FEDME terán desconto pola utilización dos refuxios en España, xa que a FEDME incorporouse á asociación de correspondencia.
FEDME mantense no convenio internacional para o uso de
refuxios de montaña en Europa.
Federación Galega de Montañismo (FGM)
https://fedgalmon.gal/wp-content/uploads/2025/11/LICENZA-FGM-2026.pdf
LICENZAS OT
Terán as coberturas e disciplinas aseguradas e ámbito
territorial iguais a modalidade tipo FGM-B, dando cobertura nos meses de
setembro a decembro
LEMBRAMOS QUE AS LICENZAS FGM
NON TEÑEN HABILITACIÓN FEDME
NON FORMAN PARTE DO CONVENIO DE RECIPROCIDADE DE REFUXIOS -
NON TEÑEN DESCONTO
A modo de exemplo:
-Un adulto (de 26 anos en adiante) que escolla a modalidade A da federación española con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue excursionismo, campamentos, marchas de montaña, sendeirismo, marcha nórdica e participación nas andainas (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 86,20 € (66,20 de licenza e 20 cota do club).
-Un adulto (maior de 25 anos) que escolla a modalidade AU (A) terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade A, tería que pagar en total ao ano 68 € (48 licenza e 20 cota do club).
martes, 9 de diciembre de 2025
28 de decembro 2025. A ruta de liberdade en A Lama (Pontevedra)
Neste enlace temos a ruta en Wikiloc https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-da-liberdade-a-lama-245098216
O domingo 28 de decembro faremos a ruta de liberdade en A
Lama. É circular, sobre 17 quilómetros, dificultade media-fácil.
Preciosa ruta que discurre en su mayor parte por las orillas
del río Barbeira, dentro del municipio pontevedrés de A Lama y que cuenta con
un gran número de atractivos que configuran uno de los itinerarios fluviales
más recomendables a realizar en toda la provincia.
Su nombre hace mención al trabajo de los presos de la
cercana cárcel de A Lama, que conjuntamente con la Asociación Cultural Río
Barbeira, han acondicionado y preparado la misma.
La primera parte de la ruta discurre por las riberas del río Barbeira, entre maravillosos bosques autóctonos, disfrutando del sonido del agua al mismo tiempo que transitamos por caminos de un verde muy intenso, tapizados completamente de musgo, que dan idea de la excelente conservación del medio natural en esta zona y de la ausencia de contaminación.
En la segunda parte, caminaremos por la Serra do Cando, por zonas más elevadas, donde pastan en libertad numerosos caballos, hasta alcanzar la aldea de Covelo, y de nuevo volver a los bosques cercanos al río, que nos acompañarán de nuevo al punto de inicio.
En Laxedo-Covelo chama a atención a escultura de Manuel Barreiro Cabanelas da web da Televisión de Galicia collemos esta información:
Nunca casou pero tivo unha comentada relación con Conchita
de Sevilla, unha artista andaluza que coñeceu no Brasil, coa que frecuentaba
Laxedo.
Barreiro Cabanelas deseñou para a súa vila natal un novo
ensanche no que a vida moderna e a arquitectura tradicional convivisen en
harmonía.
Mesmo por se tiña que volver financiou ambos os bandos
implicados na Guerra, para estar a ben co gañador do conflito. Con todo, o
regreso nunca se produciu.
domingo, 23 de noviembre de 2025
30 de novembro 2025 faremos a ruta "río Artes e río San Xoán ( ou dos tobogáns)" pola Pobra do Caramiñal
![]() |
| Canón do río Barbanza |
![]() |
| Ponte da Miserela |
![]() |
| Río san Xoan |
![]() |
| Río san Xoan |
![]() |
| Cruzando o río san Xoan |
![]() |
| Na Curota |
Track da ruta https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/rio-artes-rio-san-xoan-a-curota-242141196
O domingo 30 de novembro faremos a ruta "río Artes e río San Xoán ( ou dos tobogáns)" pola Pobra do Caramiñal, serán sobre 14 quilómetros, dificultade media, pero teremos un tramo pola beira do río san Xoán con bastante pendente, nun quilómetro douscentos metros subiremos un desnivel de case 300 metros. Hai que levar calzado axeitado para andar pola montaña, aconsellamos levar auga e algo para picar na mitade da ruta.
Empezaremos a andar no miradoiro de Valle Inclán -a 368 m de altitude, atópase este miradoiro-monumento
a Ramón del Valle-Inclán. A estatua, de Benito Prieto Coussent, conmemora as
excursións do célebre escritor pola serra do Barbanza. Ofrece unhas espléndidas
vistas sobre a ría da Arousa e as distintas poboacións a ámbolos dous lados da
ría- pasaremos cerca da aldea de San
Amedio e faremos un tramo subindo pola beira do río Artes -río que desemboca
entre a praia do Vilar e a praia da Ladeira- e baixaremos cara a Aldea Vella,
camiñaremos un tramo pola marxe dereita do río Pedras ata a ponte de orixe
medieval da Misarela, onde cruzaremos o río San Xoan, veremos unhas pozas do
río Pedras, pasaremos por restos do convento de A Misarela e subiremos pola
marxe esquerda do río San Xoán ata as cercanías do Alto do Arnelo, onde
cruzaremos o río e iremos cara A Curota (512 m) por un camiño, desde aí
descenderemos por outro camiño cara ao punto de inicio.
jueves, 30 de octubre de 2025
23 de novembro 2025 faremos a ruta “Pensa Nao” (Dodro)
conócense como tipo Mahía. Cada hórreo ten o seu nome, a saber: hórreo de Andrea, hórreo de Xastre, hórreo dos de Rey, hórreo de Lago, hórreo de Rial, hórreo de Vitorio, hórreo de Richalda, hórreo de Ardeira, hórreo de Rivelas, hórreo de Esclavitude do Viturro e hórreo do Corral.
De seguido chegaremos ao Souto de Manselle, lugar histórico onde se reunían os cooperativistas na Segunda República para debater tódolos temas concernentes ao devir das cooperativas agrícolas que xa por aquel entón había no concello.
Tralas marcas da ruta adentrámonos no monte onde poderemos gozar de impresionantes vistas do río Ulla dende diversos miradoiros, así como contemplar uns cantos petróglifos que farán as delicias dos afeccionados ao arte rupestre.
Antes de comenzar a volta atopámonos co último dos miradoiros, o que presenta mellores perspectivas, xa que nel poderemos contemplar, mirando cara a esquerda, o transcurso calmo do río e cara a dereita o comenzo da Ría de Arousa. Un pouco cara diante toparemos o camiño da Orixe que nos levará de volta ao punto de partida.
Distancia: 17 Km.
Dificultade: media – baixa, xa que as subidas que hai son moi levadeiras, non habendo tramos de dificultade.
Tempo estimado de catro horas e media.
martes, 14 de octubre de 2025
fotos e tracks en Wikiloc de 11 e 12 de outubro do 2025 pola Ribeira Sacra
O 11 e 12 de outubro estivemos en Parada do Sil (Ribeira Sacra) e fixemos as dúas primeiras etapas do Camiño do Monxe https://ocaminodomonxe.com/
Etapa 1: Castro Caldelas - Fábrica da luz https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/castro-caldelas-fabrica-da-luz-camino-do-monxe-235575529
Etapa 2: San Lourenzo (Necrópolis de San Vitor) - Parada do Sil https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/san-lourenzo-de-barxacoba-necropolis-de-san-vitor-balcon-de-madrid-mosterio-de-santa-cristina-parad-235908996
Estas son as fotos destas etapas:
![]() |
| Na necópole de San Vitor |
![]() |
| Mosterio San Paio de Abeleda |
![]() |
| río Sil |
![]() |
| río Sil |
![]() |
| Miradoiro "A mirada máxica" |
![]() |
| Na fábrica da luz |
![]() |
| Mosterio de Santa Cristina |
![]() |
| Balcón de Madrid |
![]() |
| Pasarelas do Mao |
![]() |
| Mosterio de Santa Cristina |
![]() |
| Balcón de Madrid |
![]() |
| Lavadoiro e fonte |
![]() |
| Pasarelas do Mao |
![]() |
| Charla de Javier Rodríguez Pintos (promotor do Camiño do Monxe) no Curtiñeiro antes da cea |
![]() |
| río Sil |
![]() |
| Necrópole de San Vitor |

























































