![]() |
Subindo ao Castelo de Vitres por un sitio distinto ao habitual |
![]() |
Fervenza de Teaño |
Neste enlace está o track da ruta
A próxima ruta do club será o 22 de decembro: Serra do Barbanza, rego das Salgueiriñas e castelo de Vitres
Empezamos a andar en Runs, os primeros quilómetros son de subida pasando polo alto da Lombiña, collendo algo de camiños empedrados, ata chegar a unha pista de terra , estamos pola parte alta da serra do Barbanza, iremos cara o inicio do rego das salgueiriñas, pasamos ao lado do alto de Toro, vamos a chegar cerca da aldea de A Figueira e baixamos un rato pola beira do rego das Salgueiriñas, pasamos perto do alto do Tronco, vamos un rato por pista de terra que nos aproxima ao castelo de Vitres, onde se o tempo o permite gozaremos das vistas da ría de Arousa e celebraremos o solsticio de inverno tomando sidra ou champán e turrón, cada un dos asistentes deberá levar o seu vaso, e baixamos cara o punto de inicio, pasamos cerca da aldea de Mosquete, collemos un tramo dun bosque xeitoso e vamos pola beira dun rego chamado Fonte de San Pas.
Quedamos ás 9 menos cuarto en Boiro no sitio de costume, diante do Parque da Cachada (Avda. da Constitución), cun pequeno desprazamento en coches particulares vamos ata Runs (10 minutos aproximadamente. A ruta será sobre 15 km, dificultade media, convén levar calzado axeitado para andar polo monte, tede en conta que os camiños empedrados nesta época do ano están esvaradizos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario