viernes, 2 de agosto de 2024

8, 9 e 10 de novembro 2024 "Outono en Ancares"








O venres 8 de novembro pola tarde desprazarémonos a Piornedo (Ancares), o 9 e o 10 faremos unha ruta cada día para coñecer bosques dos Ancares lucenses no outono e o domingo pola tarde (arredor das 16.30 horas) voltaremos para o Barbanza. So poden ir socios/as. Iremos en coches particulares, senón tes con quen ir podes contactar con nos. Cada coche se organiza para ir e se comparten gastos.

Rutas previstas:
Piornedo - bosque de carballos centenarios, sobre 12 km, dificultade media.
Piornedo – bosque Agulleiro – Mustallar sobre 13 km, dificultade media-alta.
Dependendo das condicións climatolóxicas este plan pode sufrir variacións. Cando se acerquen as datas crearemos un grupo de whasapp para concretar os últimos detalles.
Hai que levar auga e algo para comer en cada ruta. Estaremos aloxados no hotel Piornedo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario