miércoles, 21 de febrero de 2024

17, 18 e 19 de maio saída por pena Trevinca, teixedal de Casaio e parque natural Enciña da Lastra

Aproveitando o festivo do 17 de maio en venres organizamos unha saída por pena Trevinca, teixedal de Casaio e parque natural Enciña da Lastra. So poden ir socios/as. Iremos en coches particulares, senón tes con quen ir podes contactar con nos. Cada coche se organiza para ir e se comparten gastos.

Plan previsto:

O venres 17 sairemos ás 7 da mañá do Barbanza e faremos a ruta Teixedal de Casaio. Ruta circular de 14 km aproximadamente, sobre 790 m de desnivel, dificultade media, sen dificultades técnicas. O Teixadal de Casaio, situado tamén en terras de Trevinca no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, é o bosque máis antigo de Galicia e unha auténtica reliquia da Natureza única en Europa. Trátase dun pequeno bosque duns 400 teixos, con exemplares que alcanzan idades superiores aos 500 anos.

 O sábado 18 faremos a ascensión a Pena Trevinca. Ruta lineal, ida e volta sobre 18 km e 720 m de desnivel. Pen Trevinca é o cume máis alto de Galicia, ten 2127 m de altitude, dificultade media, sen dificultades técnicas. Ao leste da provincia de Ourense, os montes de Pena Trevinca son un espazo natural protexido que ocupa case 25.000 hectáreas. Os seus cumes, de máis de 2.000 m de altitude e nevadas no inverno, están coroados por lagos glaciares como O Celo ou a Lagoa da Serpe, de augas purísimas e cristalinas. Estas son montañas que apenas mostran a pegada do home.

O domingo  19 faremos unha ruta pola zona máis interesante do parque natural Enciña da Lastra. Sobre 16 km e 700 m de desnivel, dificultade media, sen dificultades técnicas. Unha paisaxe mediterránea única en Galicia, unha aciñeira dálle nome ao Parque Natural Serra da Enciña da Lastra. Contan que unha árbore desta especie, de grandes dimensións, servía de guía aos viaxeiros que por aquí pasaban noutros tempos. O certo é que cerca do cemiterio de Covas se pode admirar unha aciñeira hoxe recoñecida como árbore senlleira. Percorreremos o val do Sil, veremos os farallóns calcarios e iremos por bonitos bosques autóctonos. Subiremos a algún mirador e visitaremos algunha das aldeas do Parque Natural (Covas, Vilardesilva e Pardollán) e voltaremos para o Barbanza.

Dependendo das condicións climatolóxicas este plan pode sufrir algunha variación. Cando se acerquen as datas crearemos un grupo de whasapp para concretar os últimos detalles.

Hai que levar auga e algo para comer en cada ruta.

Estaremos aloxados no hotel O Lar en O Barco de Valdeorras.

Para inscribirse hai que:

facer un ingreso 90 € por persoa (coste de 2 noites en habitación doble, 2 almorzos e 2 ceas ) na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca), deixando constancia no ingreso Trevinca, o nome da persoa/parella ou grupo inscrita. Se algún quere durmir en habitación individual debe ingresar 110 € (coste de 2 noites en habitación individual, 2 almorzos e 2 ceas). Esta previsión de costes pode sufrir unha pequena variación no coste das ceas no caso de que se apunte menos persoas das estimadas, a previsión é arredor de 27 persoas.

mandar un correo electrónico a vintedouspes@gmail.com indicando que é para inscribirse na saída de Trevinca, nome e apelidos, e con quen vas durmir, no caso de que non saiba con quen vai durmir o club asignaralle compañeiro/a. Neste caso de non aparecer compañeiro e ter que durmir en habitación individual deberá pagar a posteriori a diferencia por habitación individual.

O prazo para inscribirse remata o mércores 28 de febreiro ás 23.59 horas. Se tes alguna dúbida respecto a esta saída podes contactar con nos por correo electrónico

No hay comentarios:

Publicar un comentario