CANDO SE CUBRAN TODAS AS PRAZAS CREAREMOS UNHA LISTA DE RESERVA E SE HAI ALGUNHA BAIXA PODERÁN ANOTARSE.
O Club de
Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza 3 días de sendeirismo por OS ANCARES.
Esta é unha actividade especial do Club para os días 17, 18 e 19 de maio do
2019. Xa sabemos que falta moito, pero por cuestións de disponibilidade hai que
reservar con tempo.
Aloxarémonos
no Hotel Piornedo (Piornedo-Lugo). O aloxamento é en habitación dobre, quen non
teña compañeiro, amigo ou parella o club pode propoñer distribución das
habitacións, se hai quen queira habitación individual pode reservar pola súa
conta.
Está
previsto realizar as seguintes rutas:
Venres 17
Refuxio Ancares-Tres bispos-Cabanavella.
Sábado 18
Porto Ancares-Cuiña-Penalonga-Mustallar-pico lagos-piornedo
Domingo 19
Porto Ancares-Miravalles-Balouta. De volta para o Barbanza se da tempo daremos
un paseo polo bosque dos Grobos en Becerreá (bosque kárstico moi raro de atopar
en Galicia).
Dependendo
dunha serie de factores estas rutas poden ser cambiadas por outras se o club o
considera convinte.
Quedamos en
Boiro ás 7.40 horas para sair ás 7.45 horas, outros puntos de encontro: ás 8
antes de entrar na autoestrada en Padrón con dirección a Santiago, ás 9.45
estación de servicio O Corgo na A-6 ou ás 11 no refuxio Ancares, cerca de Campa
da Braña.
Gastos da
viaxe por persoa:
- 2 noites
no aloxamento antes mencionado 60 €.
- 2 medias
pensións (venres e sábado) 40 €.
-Non
federados: seguro para 3 días.
Para apuntarse nesta viaxe:
- Hai que ingresar por persoa na conta do club
ES2520800310553000121101 (Abanca), deixando constancia no ingreso o nome da
persoa inscrita:
100 € socios do club.
110 € federados doutro club.
115 € non federados (faráselles
un seguro).
- Mandar un
correo electrónico indicando que se fixo o ingreso para viaxe de OS ANCARES,
nome, apelidos, teléfono e indicando con quen vai durmir ou con quen lle asigne
o club e tipo de cama (matrimonio ou xemelgas).
-Cubrir
formulario
Prazo: ata o
5 de febreiro so poden apuntarse socios do club, despois -se sobran prazas-
ábrese o prazo a nos socios ata o 15 de febreiro. As prazas son limitadas
reservarase por orde de inscrición. Se podes non deixes para o final a
inscrición pois igual cúbrense as prazas antes e así podemos ir confirmando a
reserva co aloxamento.
O
desprazamento se fará en coches particulares e cada un mira con quen vai,
compartindo gastos, se hai quen non ten con quen ir pode contactar con nos.
Cada un ten
que levar a comida (tipo bocadillo ou similar, froitos secos e/ou barriñas
enerxéticas) para as rutas do venres, sábado e domingo. Hai que levar auga para
as rutas e calzado axeitado para andar por montaña.
Por
cuestións das reservas no caso de apuntarse e ao final non poder ir so se
devolverán os cartos das ceas, sempre que se avise con 3 días de antelación.
Excepto si se anula por unha causa de forza maior e hai persoas de reserva que
ocupen o seu sitio, nese caso excepcional devolverase a totalidade.
Se te
inscribes estate atento ao blog e o xoves 16 de maio pola tarde revisa por se
hai algún cambio de última hora.
Información
das rutas:
Albergue
Ancares Tres bispos Cabanavella.
Partimos do
Refuxio dos Ancares, situado a unha altitude de 1420 metros, seguimos pola
pista, ao comenzo asfaltada, ata chegar a unha bifurcación. Continuamos pola
pista da esquerda que vai paulatinamente ascendiendo entre paisaxe aberta de
monte baixo.
Ao pouco
tempo pasamos por unha fonte, comenzan a aparecer as primeiras árbores.
Chegamos á Campa de Ortigoso, primeiro punto de referencia.
Continuamos
o camiño en ascenso moderado ata chegar á Campa do Tres Bispos, con vistas aos
picos: Tres Bispos, Penedois, Charcos, Corno Maldito, Lanza e Mostallar. Á
dereita veremos o inconfundible perfil do Penarrubia.
Desde a
campa comenzamos o ascenso por un sendeiro ata chegar á base do pico. Aquí
comenza a dura subida final que nos conduce ao cume do Tres Bispos, cos seus
1792 metros. A paisaxe especial: á esquerda os principales picos da serra; de
frente a lagoa de As Charcas onde nace o río Porcarizas xunto á Cabana de
Pérez; e á dereita a maravillosa Vega dos Boyes que nos dirixe a Porcarizas e
ao Campo de Agua, xa en terras leonesas. O nombre de Tres Bispos, conta a
lenda, que lle foi dado por ser lugar de reunión dos bispos das tres diócesis
limítrofes de Astorga, León e Lugo.
Descendemos
ata a Campa de Brego desde a Campa de Traba. Desde ali e por unha pista e en
medio dun bosque de Acivos subimos de novo a Albergue Ancares por Cabanavella
(descrición feita por Chuchi00). Sobre
17,5 km, desnivel acumulado de subida 659 m, desnivel acumulado de subida 659
m, duración estimada 6 h., dificultade media alta.
Porto
Ancares Cuiña Penalonga Mustallar pico Lagos Piornedo.
Saida desde
o porto de Ancares, iremos bastante do percorrido polo cordal de Ancares,
iremos pasando primeiro polo Cuiña, teito de Ancares con 1.987 metros, seguindo
logo a Penalonga e tras baixar á Mallada de Mustallar, subiremos este pico que
con 1.934 metros de altitud é o teito da provincia de Lugo e seguiremos polo
cordal ata o pico Lagos. Logo de baixar de novo ata a Mallada de Mustallar
collemos o camino que nos leva a Piornedo. Sobre 15 km, desnivel acumulado de
subida 770 m, desnivel acumulado de baixada 1350 m, duración estimada 6 h.,
dificultade media alta.
Porto
Ancares Miravalles Balouta.
Tratase sen
dúbida dunha das rutas máis fermosas de alta montaña que se poden realizar en
ancares, nela podremos ascender ao segundo pico máis elevado da sierra: o
Miravalles, con 1969 metros de altitud.
Se
poidéramos describila con duas palabras diríamos que toda ela é un espectáculo
visual: gran parte do percorrido
discurre pola línea de cumbres desde a que podemos contemplar “a vista de
paxaro” extraordinarias paisaxes a ambos lados da montaña, divisando os vales
de Ancares e de Balouta na zona leonesa, o val de Rao en lugo, as montañas máis
elevadas do Bierzo e os lonxanos pobos de Tormaleo e Villares no concello de
Ibias en Asturias.
Por último,
teremos a ocasión de visitar un dos últimos pobos de Ancares que ainda
conservan as tradicionais pallozas: Balouta, cunha bonita paisaxe rodeado de
montañas e situado no fondo dun antigo val glaciar (descrición feita por Club
Acivro). Sobre 10,2 km, desnivel acumulado de subida 437 m, desnivel acumulado
de baixada 968 m, duración estimada 4 h. e media, dificultade media.
Relación de inscritos
1.-Lita
2.-Anxo
3.-Viru
4.-Moncho Vázquez
5.-Pilar Burke
6.-Moncho Rey
7.-Fita
8.-Rosa
9.-Berta
10.-Francisco Gabriel
11. Manolo Pedreira
12. Javier Abuin
13. Chus
14. Marita
15. Loreto
16. Loli Oliveira
17. Montse
18. Paco
19. Eduardo
20. Conchi
21. Beatriz
22. Lucila Milagros
23. Sabela
24. Mª José Gude
25. Rufina
26. Fernando
27. Ánxela
28. Maribel
29. Pili Oliveira
30. Mario
31. Seoane
6.-Moncho Rey
7.-Fita
8.-Rosa
9.-Berta
10.-Francisco Gabriel
11. Manolo Pedreira
12. Javier Abuin
13. Chus
14. Marita
15. Loreto
16. Loli Oliveira
17. Montse
18. Paco
19. Eduardo
20. Conchi
21. Beatriz
22. Lucila Milagros
23. Sabela
24. Mª José Gude
25. Rufina
26. Fernando
27. Ánxela
28. Maribel
29. Pili Oliveira
30. Mario
31. Seoane
No hay comentarios:
Publicar un comentario