martes, 3 de julio de 2018

30 de setembro andaina de 25 km por Rianxo








30 de setembro  II andaina de 25 km do Barbanza,  por Rianxo, está incluida no V Open Andainas de Regularidade de Galicia.


Andaina 25 km

Dificultade Media

Duración estimada 5 h. 
Esta andaina iniciámola na Área Recreativa de Campo Maneiro, na parroquia de Taragoña. Os primeiros pasos darémolos cara a o Castro Barbudo, onde podemos ver unha panorámica da Ría de Arousa.

O percorrido continúa ata Ourille, onde se inicia un descenso que nos levará ata o lugar da Ferrería. Durante o descenso atoparemos o primerio punto de avituallamento. Desde aquí diriximonos ao lugar da Hermida, punto onde iniaceremos unha das zonas mais bonitas da andaina,  o descenso pola beira do Río Té, ata chegar a Praia da Torre.

Desde alí, e a través dun sendeiro que percorre o litoral da Ría de Arousa, chegamos a Burata, onde iniciamos unha subida que, pasando por Paradela, nos levará o punto final da andaina, situado no Área Recreativa de Campo Maneiro.

Andaina 15 km

Dificultade Media

Duración estimada 3 h.

Este percorrido coincide no seu inicio ca andaina de 25 km, concretamente ata chegar a Ourille.

Sairemos de Campo Maneiro (Taragoña-Rianxo) hacia o camiño dos difuntos dende o cal subiremos o castro Barbudo, baixaremos polo camiño de Corques en direccion ao rio Te.

Iremos polo rio hacia Te e seguiremos polo beira do mar o Porto de Taragoña, continuamos ata cerca de Ponte Beluso despois a Paradela e de volta ata Campo Maneiro.

 Entidades colaboradoras:


 

 

DISTEVA

Praza Rafael Dieste (Rianxo)





RIANXO






Taragoña (Rianxo)


Piscina climatizada de Rianxo






























2 comentarios:

  1. Parabens a organización,a andaina estuvo moi bonita,ben marcada e bos avituallamentos grazas pola experiencia,un saudo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Unknown por comentar, alegrámonos de que disfrutaras.
      Saúdos e ata outra

      Eliminar