martes, 25 de julio de 2017

Próxima ruta do CMB Vintedouspés: sábado 12 de agosto ruta de atardecer e nocturna por Corrubedo

Puntos de encontro: ás 20.10 horas diante da Casa da Cultura de Boiro, ás 20.40 faro de Corrubedo.

Distancia: arredor de 15 km.
Tempo estimado: 5 horas.
Dificultade: fácil.

Ao ser una ruta nocturna aconsellamos levar lanterna, e o ideal é lanterna tipo frontal para levar as mans libres.

Nesta ruta estaremos nunha das zonas máis bonitas do Barbanza para ver a posta do sol e nesta noite temos chuvia de estrelas, as lágrimas de San Lourenzo ou Perseidas, faremos un alto para mirar o ceo.

Empezaremos a ruta co atardecer seguindo a liña da costa, pasamos bordeando as praias de Balieiros e Espiñeirido, chegaremos á aldea de Serán onde deixamos a costa para dirixirnos ao Tahúme (altitude 230 m), miradoiro espectacular desta “fisterra” barbanzano, voltaremos por pistas pasando polo merendeiro  Laxa da Gata, Praia da Ladeira e Corrubedo.

Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html

Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respectar o medio ambiente.

Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán res petar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.


Os que vaian asistir estade atentos ao blog o sábado 12 de agosto arredor das 11 da mañá por se hai que facer algún cambio no plan previsto.  CONFIRMAMOS QUE SEGUIMOS CO PLAN PREVISTO

No hay comentarios:

Publicar un comentario