miércoles, 9 de noviembre de 2016

domingo 4 de decembro. Península do Grove


a proxima ruta do CMB Vintedouspés será o domingo 4 de decembro e irá pola península do Grove, será unha ruta que vaia a maioría do tempo cerca do mar.

Puntos de encontro: HORA 8,30 EN BOIRO E 8,45 NO CRUCE DA ESTRADA DE CESURES A VILAGARCIA, ONDE HAI UNHA GASOLINEIRA DE REPSOL EN CATOIRA.

comenzamola ruta na praia de Raeiros - Paxareiros (nunha zona que hai unha explanada longa para aparcar), en San Vicente do mar iremos atravesando o monte por pistas forestais ata chegar a ooutro lado da peninsula.
atoparemos  a punta Moreira onde pasaremos por diante do aquariun, un pouco máis adiante atoparemos esculturas de diferentes autores relacionadas co mar, atoparemos varias praias, máis adiante poderemos ver a illa Pombeiro e a illa de Sálvora , seguimos costeando pola península do Grove, máis adiante bordearemos un destacamento militar (abandoado) pero no que ainda están canons da segunda guerra mundial, en funcionamento ata fai poucos anos. Seguimos por diferentes praias é nautico de San Vicente por unha pasarela de madeira que nos leva de volta o punto de inicio.

DIFICULTADE BAIXA
TEMPO 5,30 HORAS

LONXITUDE 20KM

Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html


Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.


Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.

Fomos seguindo este track de Grancalili http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=10797011

As fotos son de Paco


























No hay comentarios:

Publicar un comentario