martes, 13 de mayo de 2014

25 de maio, Aldarís - Muralla - Treito - Aldarís

O domingo 25 de maio o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fixo a ruta circular Aldarís - Muralla - Treito - Aldarís.

Os puntos de encontro foron ás 8.30 en Boiro, diante da Casa da Cultura de Boiro (onde sempre) e ás 9 nunha explanada que hai antes de Aldarís (Lousame) indo dende Boiro. Foron 48 pén incluindo os de Rus e Berto.

Ruta de 18 kilómetros, dificultade media e a ruta de andar durou arredor de 4 horas e media.

A ruta empeza en Aldaris a unha altitude aproximada de 398 m, dirixímonos ao monte da Muralla (680 m de altitude), é a ascensión máis dura da ruta, posteriormente temos un desceso e a continuación volvemos a ascender cara o Monte Treito, nesta parte da ruta andamos arredor dos 500 m de altitude, despois descendemos cara a aldea de Vilachán e Duei do Concello de Rois e rematamos cunha ascensión suave ata o punto de inicio.

A ruta vai polos Concellos de Lousame, Rianxo, Dodro e Rois, estaremos nun punto onde coinciden os lindes deses catro concellos. Pasamos por zonas con muiños de vento (Muralla e Treito), con pistas sen asfaltar, tamén temos camiños de monte e algo de asfalto sin tráfico. Hai boas vistas da zona Ría de Arousa. Non ten dificultades técnicas. 

Como a ruta coincide no mes de maio -mes das letras galegas- Eva, Manuel, Ana, Moncho e Anxo leron uns poemas. 

Fixeron de guías Moncho e Anxo.
Neste enlace está o track da ruta: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6963596















No hay comentarios:

Publicar un comentario