sábado, 12 de abril de 2014

"VINTEDOUSPÉS" pasa a ser "CLUB DE MONTAÑA DO BARBANZA VINTEDOUSPÉS"

Despois de levar máis de 3 anos e organizado máis de 50 rutas, as persoas que estamos organizando as rutas como Vintedouspés sopesando pros e contras decidimos que Vintedouspés se debía constituír como unha asociación para poder ter un seguro de responsabilidade civil, e como o sendeirismo está considerado un deporte que está englobado na federación de montañismo fixemos os tramites para constituírnos como asociación, como club deportivo, e xa estamos constituídos oficialmente.

Na seguinte ruta -a do 27 de abril- xa non será como grupo de amigos Vintedouspés senón como "Club de montaña do Barbanza Vintedouspés" (nome oficial da entidade), e para participar nas andainas do club haberá que ser socio/a.

Para facerse socio/a do club deberás mandar un email indicando que queres facerte socio co teu nome, apelidos, teléfono e dirección de correo electrónico a vintedouspes@gmail.com e ingresar 10 € de cota anual na conta do club en Novagalicia banco ES2520800310553000121101. Senón podes dese xeito tamén te podes poñer en contacto con calquera dos/as directivos/as da entidade (Mariola de Lousame, Moncho de Rianxo, Manoli de Noia, Miguel da Pobra, Loreto de Porto do Son, Carlos de Boiro e Anxo de Boiro) e darlle os teus datos e pagarlle os 10 €, daranche un recibín.

Vaise permitir asistir a 2 rutas ao ano ás persoas que non sexan socios/as, nese caso pagarán 2 € por cada ruta.

Os guías das rutas e membros da directiva fan a súa labor de xeito desinteresado, sen cobrar, como sempre, os cartos dos socios e o que se recade vai destinado a pagar o seguro de responsabilidade civil.

Nunhas semanas teremos unha asemblea de socios para escoller xunta directiva e organizar o funcionamento do club.

Se tes dúbidas podes poñerte en contacto coa entidade a través dos teléfonos 615 - 637 - 227 , 637 - 954 - 090 ou no email vintedouspes@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario