lunes, 20 de enero de 2014

16 de febreiro Corrubedo - Tahúme


O domingo 16 de febreiro fixemos unha ruta circular que partiu do porto de Corrubedo, fomos cara a praia da ladeira, pasamos polo merendeiro Laxa da Gata, subimos ata o monte Tahúme (altitude 230 m) onde disfrutamos dunhas encantadoras vistas, a  volta foi pola costa, pasamos por Seráns e as praias de Espiñeirido e Balieiros antes de chegar ao faro de Corrubedo, seguimos bordeando a costa para chegar ao punto de partida. 

Os puntos de encontro foron ás 9 diante da Casa da Cultura de Boiro, na Avda. da Constitución e ás 9.30 no porto de Corrubedo (diante do restaurante Benboa). Foron arredor de 16 -18 km, dificultade media, levounos arredor de 5 horas con paradas incluidas.
Tivemos moita sorte co tempo, o sol nos acompañou bastante rato, so caeron "4 gotas" de chuvia, en cambio nas semanas anteriores foron de moita chuvia e temporales, e á final da tarde e ao día seguinte xa volveu a chover.

Fomos arredor de cen pes, e moitos deles era a primeira vez que participaban nunha ruta de Vintedouspés.

O track da ruta está neste enlace de wikiloc http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6166185















1 comentario:

  1. Ola, gustoume por onde trancurriu a ruta -a subida ao Tahume, andar paralelo a este mar- pero non me convenceu como foi o grupo, non sei se sería por ser un grupo bastante numeroso, por ser un grupo bastante heteroxeneo (, uns querían apurar outros querían ir máis despacio) ou por ser moitos os que viñan por primeira vez co grupo e descoñecían a dinámica deste grupo.
    Saúdos
    AnxoBoiro

    ResponderEliminar