miércoles, 13 de noviembre de 2013

Venres 6 de decembro: camiño do mercado, 1950



Cunha boa e fresca mañá arrancamos o concorrido Camiño do Mercado 1950 dende o polideportivo do Sanguiñal (Tallara).
Acompañados de Rosa -a estraperlista- fomos vivindo escenificacións daquel entón como: a subida do millo ao hórreo (casa de Blanco), o asalto de Barriga Baldeira a unha vendedora, o cego do pontellón cas súas adiviñas e o encontro cas leiteiras, ata rematar no mercado.
Alí esperábanos as vendedoras, lavandeiras, canteiro, cesteiro, etc...acompañados pola parella da Garda Civil a cal poñía orde nun mercado con algún que outro pillaban que andaba na procura de sacar proveito do alleo. O cego co son da súa frauta e as lavandeiras amenizaron o momento.
Un chocolate con churros e moitas conversas entre sendeiristas, actores e veciños do lugar puxeron fin a esta boa mañá.

Agradecementos ao grupo de teatro, veciños e familia do lugar, ao concello de Lousame (en especial a Oute) e aos sendeirista pola vosa multitudinaria participación..... neste caso xa non contamos  os pes, pero debeu haber máis de catrocentos ; ))

Neste enlace podes ver fotos desa saída https://www.dropbox.com/sh/nss8jixbr2d6cpx/OjU1AzmijP

Neste enlace hai un álbum de fotos da Voz de Galicia (de Monica Ferreiros) http://www.lavozdegalicia.es/album/barbanza/2013/12/06/mercado-tradicional-tallara/01101386350783976118316.htm

















Quen teña máis fotos e as queira compartir as pode enviar ao email vintedouspes@gmail.com

2 comentarios:

  1. Bos días:
    Gustaríme moito asistir pero non son capaz de poñerme en contacto nese número de teléfono.

    ResponderEliminar
  2. julia-ana2006@hotmail.com14 de diciembre de 2013, 15:35

    Moi entretenida e divertida esta ruta de senderismo ambientada con actores. Gracias a todos os organizadores de este evento, didáctico incluso, para os nenos

    ResponderEliminar