martes, 9 de abril de 2013

28 de abril: Catoira - Xiabre


O domingo 28 de abril fixemos a ruta Catoira - Xiabre - Catoira, é unha ruta circular que parte de Tras da Veiga (Catoira) e ascende ata pico do monte Xiabre. Os puntos de encontro foron ás 8.30 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 no inicio dunha rúa que vai a Tras da Veiga (Catoira) que se inicia entre o Centro de Saúde de Catoira e o bar Campo Subido, para chegar aí se vas desde o Barbanza hai que ir a Catoira e coller dirección Vilagarcía e despois de pasar diante da Casa do Concello de Catoira, antes de que remate Catoira hai unha rotonda, deberíase darlle a volta a toda a rotonda e xusto onde finaliza (como se estiveramos para volver cara o Barbanza) se inicia esa rúa.

A ruta é de dificultade media-alta, son arredor de 21 kilómetros, e a ruta de andar levounos arredor de 5 e media horas. Partimos do lugar de Tras da Veiga que está a 30 metros de altitude e ascendemos ata o pico do monte Xiabre (640 metros de altitude), os últimos metros foron duros subindo polo cortalume, descendemos ata Tras da Veiga por camiños, pistas e pola beira dos regos Cibrán e Catoira. Tivemos bo día e poidemos disfrutar de boas vistas da ría de Arousa e do Ulla.
No alto do Xiabre fixemos unha parada para repoñer forzas e picar algo, pero facía un aire moi frio.
Está a ruta en wikiloc http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4383553








As fotos son de Paco




1 comentario: