miércoles, 19 de septiembre de 2012

7 de outubro Rio Barbanza - Gravados podomorfos



Campo da Estivada
Os puntos de encontro foron ás 9 diante da Casa da Cultura de Boiro (Avda. da Constitución) e ás 9 e cuarto en S. Isidro, xunto ao aparcamento que hai ao lado dun bar e na zona da igrexa. Saimos andando da zona de S. Isidro (Pobra), xunto dun campo de futbol de terra, o lugar chamase Chan de Po e fomos polo rego dos Salgueiros, Petón do Corral, Petón da Hedra, Pousadoiro, Petón de Currumil, Alto do Salgueiro, Campo da Estivada, Curro das Eguas, Pedra da Barca, río Barbanza ata A Portela, as Chans do Barbanza, miramos e fixemos unha pequena parada na mámoa Casarota do Fusiño e despois pasamos por Outeiro dos Corvos, cruzamos o rego de Mos (segun outros o rego Batán), vimos uns gravados rupestres podomorfos que se descubriron hai pouco, e voltamos a Chan de Po pola costa de San Paio. Foron sobre 16 km, dificultade media. Partimos dunha altitude de 200 m e o punto máis alto será pola zona de A Portela arredor de 500 m.

Rego dos Salgueiros

Pousadoiro


Casarota do Fusiño

Rio Barbanza

Rio Barbanza

Dar as grazas a Victor Barbeito do Centro Arqueolóxico de Neixón por levarnos unha tarde a onde están os gravados rupestres que vimos nesta ruta. E parabéns ao grupo que adestra cans no campo de futbol de San Isidro que nos acompañaron pois non molestaron a marcha desta saída. 

Ao chegar picamos e bebimos para celebrar o 2º cumpreanos de Vintedouspés, de tan cansos que chegamos entre todos case non damos apagado a vela ;-) .







Sobre os gravados rupestres podomorfos hai algo de información no blogue de Manuel Gago
Un petróglifo moi antigo aos pés da veta mineral de estaño e ouro, onde homes de hai milenios deixaron gravados os seus pés; un petróglifo inédito esquencido de expertos e prendido a penas con pinzas nos tendais da memoria das aldeas próximas. O petróglifo galego con máis pegadas de pés, concentradas de xeito insistente nunha pedra e estendidos a outras dúas máis.
Ese petróglifo de podomorfos non está aí por casualidade. Ese petróglifo responde a un ritual, e teño a intuición de que é un ritual de apropiación da mina, unha toma de poder simbólico do lugar, un acordo cos deuses que proporcionan ese mineral que nace na terra como as árbores. Teño a sensación de que o petróglifo está a sancionar a propiedade dun recurso económico valiosísimo por parte de comunidades ou de individuos, a diferencia entre a riqueza e a supervivencia. Estamos falando do Bronce Final.
(Fragmentos sacados do blogue de Manuel Gago antes mencionado)
Nestes enlaces que hai a continuación ven máis información relacionada con eses gravados e coa mina existente na zona
Por último poñemos un enlace a un video de Youtube onde Yolanda Seoane explicanos as tecnicas de analise do petroglifo de motivos podomorfos do Outeiro dos Corvos
Fotos sacadas do blogue Capítulo Cero de Manuel Gago:





5 comentarios:

  1. Hola, soy de Noia y acabo de descubrir vuestro blog. Me podeis dar mas información sobre la salida del 7 de octubre. Gracias.

    ResponderEliminar
  2. Hola,as saidas suelen ser diante da parada do bus da casa da cultura(CACHADA)boiro, as 9 da mañan,pero mais adiante neste blog xa especificaran hora,tempo de ruta,etc.un saudo.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Agradecemento a Anxo e Carlos por regalarnos a ruta do 7 de outubro Río Barbanza- grabados podomorfos.Tamén agradecer a Manoli o detalle de traer tarta e bebidas para celebrar o 2º cumpleanos de VINTEDOUSPES, TODO UN DETALLE.

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas por ser como sodes e ofrecernos estas andainas tan interesantes. Non deixades de sorprenderme coa vosa xenerosidade. Por certo, feliz aniversario a todos os que levades neste grupo dende que se formou. Irene

    ResponderEliminar