martes, 17 de abril de 2012

13 de maio: Campolameiro

O domingo 13 de maio fixemos unha ruta polo Concello de Campolameiro, os puntos de encontro foron ás 9 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 10 no Parque arqueolóxico da Arte Rupestre de Camolameiro.

A ruta de andar iniciase no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre e vamos por camiños, pistas e algo de asfalto ata o río Lerez, onde camiñamos pola súa beira, despois fixemos a ruta do río Maneses e voltamos por camiños e pistas ao Parque arqueolóxico. Unha vez alí uns volveron para o Barbanza e outros quedaron a visitar o Parque arqueolóxico, é un centro de interpretación moi completo e  unha zona de 22 hectáreas de extensión, na que poidemos pasear e observar un conxunto excepcional de estacións rupestres nunha paisaxe moi semellante á do seu contexto orixinal, e unha recreación dun pequeno poboado no que se evocan aspectos da vida cotiá dos nosos antepasados da Idade do Bronce. Tedes maís información do Parque neste enlace http://www.paar.es/homeG.html

A ruta de andar son sobre 12 kilómetros e a duración aproximada 3 horas, a dificultade é media, fisicamente non é dura, pero ten algunha parte algo dificil á beira do rio, bastantes tiveron que descalzarse para pasar un regatiño, pois non lles serviu a ponte que lle construiron ;-)    .

2 comentarios:

  1. una de las mejores rutas,muy bonita,fácil y sobre todo fresquita

    ResponderEliminar
  2. Ola serpe de caamaño, alégrome que che gustara, foi unha ruta ideal para as serpes, o último tramo da ruta do Maneses estaba a selva ;-)
    Parece mentira que cunha ruta tan chula non lle fagan un mantenemento, con limpar un tramo duns 150 metros a tiñan lista. E eso que cando a preparamos avisamos do problema e avisamos de que íamos vir cun grupo de arredor de 30 persoas a facela.
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar