miércoles, 14 de septiembre de 2011

2 de outubro Carballeiras de Brión


O domingo 2 de outubro fixemos a ruta de as carballeiras de Brión, o punto de encontro foi ás 9 da mañá diante da Casa da Cultura de Boiro.
A ruta de andar foron 16 km, foi circular, a primeira parte por unha carballeira á beira do rio Tambre, unha lixeira subida pero pouca cousa. Despues percorre unha zona de campos e máis carballos para despois subir un regato con muiños. Ao rematar o regato chegamos a Esparís, onde se fixo unha parada. Queda atravesar algunhas aldeas e máis carballeira para chegar aos coches.
A saída foi dende a área recreativa que hai antes da ponte sobre o rio Tambre na carretera que vai dende Urdilde a Negreira.
Dificultade baixa, duración da ruta de andar sobre 4 horas en total, descanso incluido. En coche leva sobre 45 minutos ir, é dicir, ida e volta sobre 1 hora e 30 minutos. Foi o día que máis pes xuntamos nas saídas de Vintedouspes, superamos os cen pes.

3 comentarios:

  1. Gustoume a ruta, pero botei en falta máis tramos de carballeiras bonitas e máis tramos á beira de río ou regato, o tramo que máis me gustou foi á beira do regato.
    Chamoume a atención que a pesar de ser bastantes participantes fomos bastante unidos.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Hola,
    a ruta é moi bonita, sobre todo o tramo á beira do rio. Parece que si se pode conseguir que o grupo vai compacto a pesares de ser tanta xente. A pena foi das castañas que habia polo chan que non daba tempo a recoller. Tremendas castañas!!
    Saudos.

    ResponderEliminar
  3. Ola,amig@s
    Encantoume a ruta,eso de ir pisando bellotas e castañas a metade do camiño foi xenial.Que fartura de àrbores autòctonas temos ainda,parece mentira...
    Làstima que a mulleriña do bar non tivera cervexas sen alcohol,je,jee,ca sediña que levaba...Deixamos a aldeiña sen suministros unha semana enteira,ja,ja,jaaa.

    Bikos mil a tod@s,vemonos na proxima.

    PD: Esto e para Ximena,a chica chilena que me pasou o mail pero dame erro e non podo contactar con ela.A ver se nos vemos na do 13 en San Finx e falamos.

    ResponderEliminar