martes, 7 de junio de 2011

25 de xuño: ruta nocturna polos Chans do Barbanza






O sábado 25 de xuño xuntámonos ás 21 horas diante da Casa da Cultura de Boiro, fomos en coches ata zona próxima á Curota, Alto de Armelo.

A ruta foron sobre 12 km, con pouco desnivel polos Chans do Barbamza, Alto de Armelo (498 m. de altitude), collemos pista de terra ata a base do monte Enxa (350 m), subimos ao Alto de Torre (656 m) e volvemos ao Alto de Armelo.  Dificultade: fisicamente foi unha ruta facil, tivo certa dificultade por facela de noite, polo que a clasificamos de dificultade media. Aproveitamos para ver estrelas, constelacións e contos sobre elas cuns guías fabulosos, Juan e Manolo.

Tivemos o problema da espera antes de arrancar a andar, pero o resto da ruta saiu moi ben, tivemos unha noite fabulosa, a queimada resultou unha gozada, e os que fixeron vivac tamén continuaron cunha noite máxica.
Desta vez casi chegamos aos pes do cempes, contamos 94 pes, incluíndo os cans, por suposto.


 

10 comentarios:

  1. Ola, en setembro Vintedouspes cumpre un ano, este grupo forma parte do millor que me aconteceu neste último ano, grazas a todos os que participáchedes por facelo posible.
    Esta última ruta encantoume, exceptuando o principio, paseino xenial ao longo de todo o percorrido, encantoume a queimada!!!, cando ma diron a ulir, trasladeime aos veráns dos 17 anos.
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar
  2. ¡Que bonito estar de cumpreanos!, Felicitoche pola brillante idea naquela noite en Sotres o Agosto pasado. Sen tí Anxo nada destas fabulosas andainas acontecería. Un abrazo para alguén que cree que o mellor do mundo son as persoas.
    Unha aperta enorme, Anxo.

    ResponderEliminar
  3. Manolo, non estou dacordo co que dis no comentario anterior "Sen ti Anxo nada destas fabulosas andainas acontecería", entendo que puxemos os dous en marcha este grupo, pero que estas andainas sigan é merito do grupo que se formou arredor de Vintedouspes, eu poría "sen o grupo que se formou arredor de Vintedouspes nada destas fabulosas andainas acontecería".
    O que me encantou foi como che quedou a foto do grupo na queimada que sae encabezando esta entrada no blog, está logradísima, o fume parece que é da queimada, os ollos de Duna alumbrando, ... e a foto está tal cual, non ten photoshop.
    Tamén me gustaron as explicacións túas e de Juan sobre as estrelas. Temos que facer máis saidas nocturnas
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar
  4. Anxo, tes toda a razón:
    sen o grupo que se formou arredor de Vintedouspes nada destas fabulosas andainas acontecería".
    Apertas senderistas para todos.

    ResponderEliminar
  5. Ola, son o que ía no satélite que sinalastes co láser na noite da andaina. Que ben o pasades. Eu tamén quería ir con vós por eses marabillosos roteiros que debuxades pegada a pegada cos 22pés.
    Permitídeme unha queixa: creo que páxina deberíase ilustrar con fotos de calidade aceptable, que as hai, das paisaxes e detalles das rotas que se fan e non tanto coas dos participantes. Coa xeral do grupo penso que abonda.
    A seguir así, que todo vai de marabilla.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  6. Grazas Mateo por comentar e por queixarte.
    Tomamos nota da suxestión, despois o CTDV (Comite de Toma de Decisións de Vintedouspes) valorará se a acepta ou a rexeita ;-)
    Quen desexe que lle poñamos algunha foto no blog ou quen teña algunha foto que considere interesante das saídas pode enviala ao noso email.
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar
  7. Ola Mateo, moi bonita a foto que sae coa túa sinatura dos cipreses, pero me extrañou que non saíra "la sombra alargada del ciprés" ;-)
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar
  8. ola atodos como
    estades ben ou mal aleqrome de facer a caminata con bos non sabedes quen son non e u son brais acordesbos de min bicos

    ResponderEliminar
  9. ide a lucia rodriquez prima de brais rodriquez.com

    ResponderEliminar
  10. Ola Brais, claro que nos lembramos de ti, como non vamos lembrarnos do que sempre pon un bo ritmo ;-)
    Nos tamén alegrámonos de facer camiñatas contigo.
    O que non entendo é o de Lucía Rodriguez.
    Saúdos e ata pronto
    Anxo

    ResponderEliminar