martes, 5 de abril de 2011

Saída 24 de abril Tállara-Iroite

O sábado 24 de abril fomos no coche ata Tállara.
Esta ruta é de dificultade media-alta, arredor de 18 km, a duración da ruta (sen contar o tempo de desprazamento en coche) será arredor de 5 horas e media ou 6 horas, é unha ruta que se inicia cunha subida dende Tállara (100 m de altitude aprox.) ata Iroite  (687 m de altitude), entre subir e llanear faremos sobre 13 km.; e despois se descende 5 km aproximadamente.

Pasamos pola beira dun rego, Codemeiroso (creemos que é ese o seu nome), afluente do río Lobo (Tállara), con varios muiños, un deles bastante curioso, Casamea, Iroite, Barreira, Guiende e Pascual. Chegando ao final da ruta pasamos por 200 escaleiras/pasos que parece ser son antiquísimas e forman parte do camiño para ir á Igrexa de Tállara dende as aldeas de Barreira e Guiende. É unha ruta circular. Javier fixo de guía.

1 comentario:

  1. Ola, gustoume a ruta, principalmente a subida, o rego do inicio, o cortalumes, e a vista da zona de Muros dende o Iroite.
    Resultoume a ruta máis dura das feitas ata agora.
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar