lunes, 21 de febrero de 2011

domingo 13 de marzo río Vilacoba - Aguieira


O domingo 13 de marzo quedamos ás 9.30 horas diante da Casa da Cultura de Boiro, fumos en coches ata a Casa do Concello de Lousame, en Portobravo.
Iniciamos a ruta á beira do río Vilacoba, pasamos ao lado de varias fábricas de papel abandoadas.
A ruta é unha variante dunha ruta marcada polo Concello de Lousame, a ruta enteira son bastantes kilómetros, arredor de 25, o tramo que queda sen facer tamén é moi bonito, queda pendiente para realizar máis adiante. Ascendimos ao alto de Aguieira onde disfrutaremos dunhas boas vistas. Tivemos sorte co tempo daban algo de chuvia, pero non nos choveu.Foron sobre 15 km..

Pido disculpas en nome do grupo Vintedouspes polo atraso na hora de chegada, pensamos que o retraso veu ao haber na beira do río risco de resbalóns e ser un grupo bastante numeroso, -fomos 74 pes- atrasamos bastante; a pesar de estar 2 veces pola zona 3 persoas de cada vez preparando a ruta non calculamos ben o tempo. Pero polo comentado por sendeiristas a ruta gustou moito. A dificultade foi media-alta.
Dar as grazas ao Departamento de Deportes do Concello de Lousame por marcar a ruta e por darnos explicacións ao respecto. Tamén grazas a Manolí por facer de guía ao preparar e facer a ruta.
Un sendeirista, Chifinofe, fixo a ruta cun GPS e colgou a saída en Wikiloc, podedes consultala ou descargala en: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1550732


Alto de Aguieira
 

4 comentarios:

  1. Esta ruta gustoume especialmente, e das cousas que máis me gustaron da ruta foi o son da auga.
    Anxo

    ResponderEliminar
  2. Ola amig@s:
    Sentín moito non poder acudir a ruta, problemas familiares tiveronme indo e vindo a Coruña. Agardo que na próxima nos vexamos.
    Apertas para todos.
    Manolo

    ResponderEliminar
  3. Augaaa, sei de alguén a quen lle vai acordar sempre a ruta e a auga. jajaja
    Sofía

    ResponderEliminar
  4. Ola Sofía:
    ¡Pobre Brais!, xa mo contou Anxo. Mandalle unha aperta da miña parte.
    Manolo

    ResponderEliminar