Ola, o domingo 18 de
xaneiro faremos a ruta "Corredoiras e camiños de Porto do Son". Saída
da zona portuaria de Porto do Son ás 9:00 h. Dificultade baixa/media. 15 km.
4-5 horas. Punto de encontro para quen prefira en Boiro (Avda da Constitución
zona con marquesina do Parque da Cachada, enfrente á tenda Aluzzine) ás 8.20. Ruta so para socios/as.
A ruta comeza no
aparcadoiro do porto de Porto do Son, segue o paseo marítimo ata a piscina do
concello e, desde alí, por sendeiros estreitos e pistas forestais, ascende cara
a Enxa, sen chegar ao cumio. Esta subida é o único tramo un pouco duro. O
descenso leva ao Sendeiro dos Muíños e Pasales en Portofoloña, que seguiremos
un tramo a través do bosque autóctono e pasando por regatos. Despois
dirixímonos cara á Capela de Loreto e ao Faro de Caaveiro antes de volver ao
paseo marítimo cara a Porto do Son.
Para inscribirse
deberás contestar a este correo antes das 10 horas do sábado 17 de xaneiro,
indicando nome, apelidos, lugar onde te incorporas (Boiro ou Porto do Son).
No caso de te inscribas,
o sábado 17 de xaneiro a partir das 16 horas deberás consultar o noso blog por
se hai algún cambio de última hora.
-----------------------------------------------------
Nova aplicación FEDME
para visualizar as licenzas.
Comunicámosvos que a
FEDME ten unha nova aplicación para a visualización das licenzas. A aplicación
Paso a Paso deixa de funcionar e temos que sustituila pola aplicación que
indicamos a continuación, chámase FEDME
Neste enlace a
Googleplay, é dende onde se pode descargar: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.toools.fedme
Importante: todos
temos que rexistrarnos de novo na nova aplicación.