sábado, 13 de febrero de 2016

28 de febreiro fervenzas e camiños empedrados de Boiro

Ruta de CMB Vintedouspés vai ser o 28 de febreiro - Fervenzas e camiños empedrados de Boiro. 

Lonxitude: 14 km

Tempo aproximado: 4 h.

Dificultade: media-alta

Quedamos en Boiro, diante da Casa da Cultura de Boiro (onde sempre) ás 9.

A dificultade da ruta marcámola tendo en conta o difícil acceso que ten algunha das fervenzas, así como a discorrer polos tramos de antigas calzadas que estarán cheas de verdín e moi esbaladizas.

Non hai subidas importantes salvo a do coto da Moreira.

Comezamos a andaina na canteira de Runs subindo polo camiño sacramental a carón do río Acevedro, iremos a Loxo de Abaixo seguindo antigos camiños. Chegamos a fervenza do rego dos Salgueiriños e de aí a Pomar de Río. Ao pasar esta aldea colleremos algo de asfalto para ir ver unhas fervenzas moi bonitas cunha subida monte a través na que teremos que ir con coidado ao estar mollado e o camiño é estreito.

Proseguiremos ata a aldea de Enseño, e de aí subiremos ao coto da Moreira, que é unha zona de interese arqueolóxico parecido ao Castelo de Vitres.

Cando baixemos visitaremos uns petroglifos, dos mellores e máis descoñecidos de Boiro chamados os Petóns do Castro.

Seguimos ruta  para chegar a unha fantástica corredoira que non ten que envexar á do Castelo de Vitres. Pola zona hai unha fervenza agochada que pouca xente coñece. A ruta vai tocando fin e baixando polo último camiño empedrado voltamos ao punto de partida.

Esta ruta estaba prevista para o 14 de febreiro pero os días anteriores choveu moitísimo e varias zonas estaban inundadas e para ese día diron alerta que ao final non se cumpriu moito pola mañá en Boiro.

Neste enlace está a ruta realizada feita por Juan e Puri http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=12410727

























sábado, 6 de febrero de 2016

Xoves e venres de Semana Santa a Folgoso do Courel

O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza unha viaxe a Folgoso do Courel o xoves 24 e o venres 25 de marzo do 2016 (Semana Santa). Aloxarémonos no albergue turístico de Folgoso do Courel (http://www.albergueturisticofolgosodecaurel.com/)
Sairemos o xoves 24 de marzo ás 7 da mañá de Boiro diante da Casa da Cultura e iremos en coches particulares ata Seoane. Sobre as 10 chegaremos e iniciaremos a ruta do río Pequeño.
Ao rematar a ruta iremos a Folgoso do Courel, onde está o albergue, posteriormente iremos cear a Vilamor.
O venres 25 faremos a ruta circular Vilamor – Froxán - Vilar – Vilamor e voltaremos para o Barbanza.
Nesta viaxe permitirase asistir a non federados, farase un seguro de día para eles. Os non federados deberán pagar 10 € a maiores. Federados doutros clubs poderán asistir pagando a maiores 4 € (deberán mostrar o carné).
Gastos da viaxe por persoa polos que hai que facer o ingreso para inscribirse:
1 noite con almorzo no albergue 12,50 €.
Cea do xoves 15 € en Vilamor. (prezo xa pechado).
Para apuntarse nesta viaxe hai que ingresar por persoa antes do 24 de febreiro na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca) 27,50 € (ou 37.50 € se non estás federado, ou 31,50 se estás federado noutro club), deixando constancia no ingreso o nome da persoa inscrita e mandar un correo electrónico indicando que se fixo o ingreso para viaxe do Courel e nome, apelidos e teléfono. Os que non teñen conta en Abanca para que non lle cobren comisión poden facer o ingreso en efectivo en caixeiros intelixentes que están instalando na maioría das oficinas de Abanca poñendo o nº de conta completo do noso club antes mencionado.
As prazas son limitadas. Reservarase por orde de inscrición.
O desprazamento se fará en coches particulares e cada un mira con quen vai, se hai quen non ten con quen ir pode contactar con nos.

Se alguén non quere aloxarse no albergue tamén é posible durmir en casas de turismo rural que hai na zona. Nese caso cada un tería que buscar aloxamento e reservar e hai que avisar ao Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés. Se hai quen non queira apuntarse á cea tamén pode, o deberá indicar cando se apunte e no ingreso descontará 15 € da cantidade a pagar.
No albergue hai sabas e mantas para durmir, non é obrigatorio levar saco.
Por cuestións das reservas no caso de apuntarse e ao final non poder ir so se devolerán os 15 € da cea, sempre que se avise con 2 días de antelación.

INFORMACIÓN DAS RUTAS
Xoves: ruta do rio Pequeno
Esta ruta comeza en Seoane remontando o río Pequeno en dirección a Paderne. Este tramo presenta pendentes moderadas e nel pódense observar as Casas do Mazo e as Cabanas de Carballois. Para chegar a Paderne debemos cruzar varios regos e carrozos, así como subir unha pequena costa antes de chegar á aldea.
En Paderne atopamos varías casas de turismo rural, así como o Castiñeiro do Val da Fonte.
Saímos de Paderne, cruzamos o río Pequeno e comezamos a desandar o camiño cara a Seoane. Para isto iremos salvando curtos tramos de ascenso e descenso de xeito alternativo, até chegar as proximidades do Castro de Brío.
Dende alí, o camiño tórnase mais doado, pois é todo baixada até chegar a Mercurín, onde observaremos un magnífico souto, seguido por un tupido aciñeiral nas denominadas Taras de Mercurín, lugar no cal está o panel interpretativo flora e fauna.
Proseguimos o descenso cara a ferrería Locay, onde atopamos o panel interpretativo As Ferrerías. Dende aquí, e tras un pequeno ascenso, chegamos de novo a Seoane.
Distancia: 15 km
Duración: 6 horas
Dificultade: media

Venres: ruta de Vilamor - Froxán - Vilar
Tratase dunha das rutas máis clásicas e realizadas do Courel, moi atractiva pola variedade de paisaxes e elementos que atravesa.
Nesta ruta percorreremos algúns dos magníficos soutos do Courel e outros bosques con gran variedad de árbores (madroños, encinas, sobreiras, etc.) Visitando algunhas das aldeas tradicionais máis encantadoras da serra: Vilar (bela aldea escondida no bosque e rodeada de centenarios castiñeiros), Froxán (unha das aldeas máis bonitas da sierra, completamente restaurada onde se celebra a coñecida “festa da Pisa da castaña”) e Vilamor (outra interesante localidade tradicional que conta con diversas casas de turismo rural)
Por último, teremos a ocasión de visitar o coñecido Castro de Vilar, o máis importante do Courel situado nun lugar inexpugnable sobre unha impresionante atalaya a 547 metros de altura, e a Ermida de San Roque, pequena pero encantadora construcción tradicional situada tamén nun marco incomparable.
Distancia: 12 km
Duración: 4 horas
Dificultade: media

ESTE PROGRAMA PODE SUFRIR ALGÚN CAMBIO, IREMOS INFORMANDO NESTE BLOGUE 

lunes, 1 de febrero de 2016

actividades doutras entidades: BTT e andaina por Rianxo

21 DE FEBREIRO: cuarta edición, por un lado vamos a facer a marcha BTT Concello de Rianxo, e ademais organizamos a Primeira Andaina Concello de Rianxo.

 Pendiente de cambiar...
 Inscrición :  (Pulsa aquí) 
Cuota de inscrición única para todos: cuota da inscrición será de 8 euros tanto para os federados como os non federados.
A data límite para apuntarse é o 17 de febreiro.

Peque-rutas. Rutas para nenos


O Club de Montaña do Barbanza fará como mínimo 4 rutas neste ano pensadas en nenos.
Os nenos teñen que estar federados, o coste anual para nenos de 0 a 13 anos é so de 17 € e para fomentar a afición ao sendeirismo aos nenos non se lle cobra cota de socio. Os nenos terán que ir ás rutas acompañados dun adulto.

A primeira actividade será un xogo de pistas no entroido polas rúas de Noia "Na procura da arca de Noé" o domingo 7 de febreiro ás 17.30 horas diante do Concello de Noia non será necesario estar federado e se fai en colaboración coa asociación Senda XXI.
É gratuita e hai que cubrir esta folla de inscrición nesta páxina https://docs.google.com/forms/d/114cyBGelpvpwTrk9Z2CRO4JE-E9IHDqRZwD4mZmy6fQ/viewform?c=0&w=1

Máis información no teléfono 680 300 328


lunes, 14 de diciembre de 2015

domingo 17 de xaneiro: rio Artes - dolmen de Axeitos (Ribeira)


O domingo 17 de xaneiro de 2016 o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fixo a ruta río Artes - dolmen de Axeitos (Ribeira), os punto de encontro ás 9 en Boiro, diante da Casa da Cultura, e ás 9.30 parque biosaudable de Artes (carretera de Artes - Corrubedo).

Saímos da área de ximnasia para adultos que hai na  estrada que une Artes con Corrubedo e que é a saída da ruta polo rio Artes. Séguese a ruta do rio durante uns 6-7 km (camiño moi fácil), ao chegar á estrada que vai ao cámping ria de Arousa 2 collemos á esquerda para dirixirnos cara o dolmen de axeitos e despois a través de leiras, camiños e algo de estrada vamos por Sirves de volta aos coches. Calculo que serán uns 16 km fáciles.

Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11996877

Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html

Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.


Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.















viernes, 11 de diciembre de 2015

Licenzas federativas 2016


Quen desexe ter licenza federativa no ano 2016 debe:

- Escoller a modalidade que che interesa (ver cadro que hai a continuación).

- Ingresar a cantidade que corresponde + 10 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e a modalidade escollida.

- Enviar un email a vintedouspes@gmail.com cos teus datos: nome e apelidos, enderezo, email, teléfono, data de nacemento e nº de DNI. Indica tamén que submodalidade destas practicas:    


Se tes algunha dúbida podes preguntarnos por email ou teléfono.



Estes son os prezos das licenzas federativas para o ano 2016


ESTAR FEDERADO DÁCHE DEREITO A:

Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)fed16
Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
Prezos moi reducidos nos refuxios galegos
Comunicacións periódicas
Calendario de actividades
Participar en actividades divulgativas
Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME: www.ventajasfedme.es
DATOS IMPORTANTES

Licenzas válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro.
Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar tódolos seus datos ou o fagan de forma incorrecta.
Tódolos duplicados do carné federativo motivados por erros do clube solicitante, extravío, roubo ou ampliación de cobertura do seguro, terán que pagar 3 euros por tramitación.
Información impotante:

Calquera accidentado ten a obriga de chamar a Federación para cumplimentar un Parte de Accidente coa maior brevidade posible.