sábado, 12 de septiembre de 2026

27 de setembro 2026 ruta "A volta á Illa de Arousa"

O domingo 27 de setembro faremos a ruta "A volta á Illa de Arousa".  só para socios/as. Iremos en coches particulares.


Ruta circular de 20 km. Dificultade baixa. Duración sobre 6 horas.

Puntos de encontro:

En Boiro, zona da Casa da Cultura, enfrente á tenda Aluzzine ás  8 e media.

En rotonda de Té Rianxo) ás  9 menos 20.

En rotonda de Repsol cerca de Catoira ás 9 menos 10.


Inicio da ruta ás 9 e media.Lugar de encontro na Illa no parking amplo que hai a esquerda na primeira rotonda despois de cruzar a ponte.


Breve descripción:
No comezo da andaina iremos polo parque natural do Carreirón, unha zona con de infinidade de calas e algún observatorio para divisar paxaros.
Seguiremos pola periferia ata chegar ó núcleo urbano, dende alí ascenderemos uns 70 metros ata o mirador "O Con do Forno" dende onde poderemos disfrutar dunhas fermosisimas vista da ría  que lle da nome á illa.

Pasando a transitar pola parte norte onde nos atopatemos co faro en Punta Cabalo.

Pinares e sendeiros acondicionados encauzaronnos de novo cara o cento urbán, o Porto do Xufre camiño do punto de partida, que será o remate.
Ruta tranquila para disfrutar dun pobo mariñeiro do Barbanza Vintedouspés.

Para inscribirse deberás contestar a este correo indicando nome, apelidos e lugar onde te incorporas antes das 22 horas do venres 25 de setembro.

 No caso de te inscribas o sábado 26 de setembro a partir das 16 horas deberás consultar o noso blog por se hai algún cambio de última hora.