como federarse?

información por se te queres facer socio e federarte no ano 2025: 


1.- Escoller a modalidade que che interesa, ver estes enlaces   https://fedgalmon.gal/wp-content/uploads/2024/12/Licenzas-FGM-2025.pdf

2.- Ingresar a cantidade que corresponde + 20 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e modalidade escollida.

A modo de exemplo:

-Un adulto (maior de 25 anos) que escolla a modalidade A con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica, participación nas andainas (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 84 € (64 de licenza e 20 cota do club).

-Un adulto (maior de 25 anos) que escolla a modalidade B con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, marcha  nórdica, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 107 € (87 licenza e 20 cota do club).

-Un adulto  (maior de 25 anos) que escolla a modalidade AU (A) terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade A, tería que pagar en total ao ano 67 € (47 licenza e 20 cota do club).

-Un adulto (maior de 25 anos) que escolla a modalidade AU (B) terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade B, tería que pagar en total ao ano 80 € (60 licenza e 20 cota do club).

- Se estás federado noutro club e queres facerte socio/a do noso deberás ingresar so 20 € (cota do club)

- Ten en conta que hai duas modalidades de inclusión social (A IS e B IS), coa mesma cobertura que a licenza A e B respectivamente. Para poder tramitar esta licencia deberá aportar copia do certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%.

- Os/as nenos/as, mozos/as e adultos entre 18 e 25 anos teñen prezos reducidos

3.- Cubrir formulario neste enlace https://forms.gle/JfrUk4xEQm1nYRkw8

 Se queres máis información podes consultar https://fedgalmon.gal/licenza-federativa/  o noso blog http://vintedouspes.blogspot.com/ou, contactar a través do correo electrónico vintedouspes@gmail.com

 PLAN PROVISIONAL PREVISTO ATA O VERÁN  do 2025 (para participar neste programa hai que estar federado e ser socio/a do noso club)

22 de decembro: serra do Barbanza, regos das Salgueiriñas, Castelo de Vitres

19 de xaneiro: fervenzas de Valga

Chans do Barbanza, rio Barbanza e Arca do Barbanza.

Ruta por Ribeira (pendente de concretar)

Catro etapas do Camiño de Santiago a Fisterra.

17 (festivo) e 18 de maio: fin de semana por A Fonsagrada e Oscos (Asturias)

Río Gallo (Cuntis)

Ruta por Vimianzo

PARA DESPOIS DO VERÁN SEGUIREMOS UN PLAN PARECIDO AO DOS MESES ANTERIORES CON RUTAS DE DIA E UN FIN DE SEMANA.


No hay comentarios:

Publicar un comentario