sábado, 21 de marzo de 2026

O 12 de abril de 2026 faremos a 3ª etapa de A volta ao Barbanza












fervenza de Argalo

Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/b-259037192

O domingo 12 de abril faremos a terceira etapa de "A volta ao Barbanza", é unha ruta para socios/as do club (se queres facerte socio/a hai información neste blog), empezaremos  no Museo das Minas de San Finx (Lousame) https://maps.app.goo.gl/T1pjKSP6M8rnHSTS6 e remataremos nun lugar na estrada que une Moimenta con Iroite que queda entre Guiende e o rego de  Vilaboa  https://maps.app.goo.gl/atUVXFrSrnz2Ls5K7

Quedamos de punto de encontro:

En Boiro ás 8 e cuarto enfrente á tenda Aluzzine nunha marquesiña da Avenida da Constitución cercana á Casa da Cultura de Boiro (onde sempre)

Ou no museo das minas de San Finx ás 9 menos vinte.

Persoal do Concello de Lousame nos fará unha visita guiada ao museo das minas de San Finx que durará sobre 30 minutos.

Empezaremos a andar polo concello de Lousame pasando polos lugares de Filgueira e Berrimes, iremos un tramo pol beira do rego de Tállara, o lugar de Merelle e iremos ata o dolmen Cova da Moura en Argalo (Noia), seguiremos pola beira do rego de Vilaboa, vendo tamén unha fervenza, pasaremos polo lugar O Canaval (Noia) e chegaremos ao punto de remate.

Nesta ruta hai tramos de camiños de montes, pistas de terra e case nada de asfalto.

Dificultade media, a subida máis importante a teremos desde que collemos o rego de Vilaboa ata o final da etapa, é longa pero o desnivel é moderado. Distancia sobre 17 km.

Hai que levar calzado axeitado para andar pola montaña, aconsellamos levar auga e algo para repoñer forzas ou comer, bocadillo pequeno, froita, barriña enerxética ou froitos secos por exemplo.

Como é unha ruta lineal vamos levar previamente ao inicio da ruta uns coches de voluntarios designados polo club ao punto final para cando rematemos a ruta levar a todos os participantes aos puntos de inicio (Boiro ou Museo Minas de San Finx).

 ------------------------------------------------------------------------

 

O sábado 18 de abril hai a andaina Bisbarra do Sar, neste enlace tes información e podes inscribirte

 https://www.andainabisbarradosar.com/


jueves, 5 de marzo de 2026

1, 2 e 3 de maio dúas etapas do Camiño do Monxe e ruta por Luintra (Ribeira Sacra)

O club organiza unha saída o 1, 2 e 3 de maio dúas etapas do Camiño do Monxe https://ocaminodomonxe.com/ , travesía circular de sete etapas pola Ribeira Sacra, faremos a etapa 3 e unha combinación das etapas 4 e 5 eliminando as partes menos interesantes (https://ocaminodomonxe.com/). E outra ruta que está pendente de concretar polos arredores de Luintra.

So poden ir socios/as. Iremos en autobús. Está prevista a saída do autobús o venres ás 7 de Boiro, haberá posibilidade de collelo en Lousame -garaxe de Comparado ou Noia, e faremos paradas en Rotonda Te (Rianxo), Lestrobe, Santiago e se fai falla nalgún sitio máis que coincida de paso, cando se acerque o día por whatsapp concretaremos os detalles.

Foi bastante difícil reservar os aloxamentos, estaremos aloxados duas noites en Parada do Sil en “Casa O Torgal”, “O balcón da ribeira”, Apartamentos Ribeira Sacra e en bungalows do Camping Cañon do Sil. As ceas do venres e do sábado en grupo pagarase no restaurante.

Plan previsto de rutas:

 O venres 1 faremos a etapa 3 - De Parada do Sil a mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

 O inicio será na aldea do Castro e, desta forma, quitamos os dous kilómetros que xa fixemos na etapa anterior. O máis complicado é o inicio pois en dous kilómetros subimos 240 m.

Nesta etapa pasaremos por varios miradores como o Cotarro, Cabezoas, Vilouxe, As Escadas  e  Pé do Home.

Nivel: Moderado  Distancia: 20 km. Desnivel positivo: 653 m.

O sábado 2 faremos partes das etapas 4 e 5 do Camiño do Monxe (eliminando os tramos menos interesantes)

O inicio será na Ermida da Virxe do Monte e descenderemos 13 km cara a Esgos pasando polo monasterio de San Pedro de Rocas. A partires de Esgos continuaremos 9 km en dirección ao mosterio Cisterciense de Santa María de Xunqueira de Espadañedo

Nivel: fácil     Distancia: 19 km. Desnivel positivo: 350 m.

Domingo 3 ruta pendente de concretar polos arredores de Luintra (Ribeira Sacra).

Dependendo das condicións climatolóxicas este plan pode sufrir algunha variación. Cando se acerquen as datas crearemos un grupo de whatsapp para concretar os últimos detalles.

Hai que levar auga e algo para comer en cada ruta.

Para inscribirse se mandou información aos socios por correo electrónico, se queres contactar co club  ou facerte socio/a podes mandar un correo electrónico a vintedouspes@gmail.com