O club organiza unha saída o 1, 2 e 3 de maio dúas etapas do
Camiño do Monxe https://ocaminodomonxe.com/ , travesía circular de sete etapas
pola Ribeira Sacra, faremos a etapa 3 e unha combinación das etapas 4 e 5
eliminando as partes menos interesantes (https://ocaminodomonxe.com/). E outra
ruta que está pendente de concretar polos arredores de Luintra.
So poden ir socios/as. Iremos en autobús. Está prevista a saída do autobús o venres ás 7 de Boiro, haberá posibilidade de collelo en Lousame -garaxe de Comparado ou Noia, e faremos paradas en Rotonda Te (Rianxo), Lestrobe, Santiago e se fai falla nalgún sitio máis que coincida de paso, cando se acerque o día por whatsapp concretaremos os detalles.
Foi bastante difícil reservar os aloxamentos, estaremos aloxados duas noites en Parada do Sil en “Casa O Torgal”, “O balcón da ribeira”, Apartamentos Ribeira Sacra e en bungalows do Camping Cañon do Sil. As ceas do venres e do sábado en grupo pagarase no restaurante.
Plan previsto de rutas:
Nesta etapa pasaremos por varios miradores como o Cotarro, Cabezoas, Vilouxe, As Escadas e Pé do Home.
Nivel: Moderado Distancia: 20 km. Desnivel positivo: 653 m.
O sábado 2 faremos partes das etapas 4 e 5 do Camiño do Monxe (eliminando os tramos menos interesantes)
O inicio será na Ermida da Virxe do Monte e descenderemos 13 km cara a Esgos pasando polo monasterio de San Pedro de Rocas. A partires de Esgos continuaremos 9 km en dirección ao mosterio Cisterciense de Santa María de Xunqueira de Espadañedo
Nivel: fácil Distancia: 19 km. Desnivel positivo: 350 m.
Domingo 3 ruta pendente de concretar polos arredores de Luintra (Ribeira Sacra).
Dependendo das condicións climatolóxicas este plan pode sufrir algunha variación. Cando se acerquen as datas crearemos un grupo de whatsapp para concretar os últimos detalles.
Hai que levar auga e algo para comer en cada ruta.
Para inscribirse se mandou información aos socios por correo electrónico, se queres contactar co club ou facerte socio/a podes mandar un correo electrónico a vintedouspes@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario