sábado, 21 de marzo de 2026

O 12 de abril de 2026 faremos a 3ª etapa de A volta ao Barbanza












fervenza de Argalo

Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/b-259037192

O domingo 12 de abril faremos a terceira etapa de "A volta ao Barbanza", é unha ruta para socios/as do club (se queres facerte socio/a hai información neste blog), empezaremos  no Museo das Minas de San Finx (Lousame) https://maps.app.goo.gl/T1pjKSP6M8rnHSTS6 e remataremos nun lugar na estrada que une Moimenta con Iroite que queda entre Guiende e o rego de  Vilaboa  https://maps.app.goo.gl/atUVXFrSrnz2Ls5K7

Quedamos de punto de encontro:

En Boiro ás 8 e cuarto enfrente á tenda Aluzzine nunha marquesiña da Avenida da Constitución cercana á Casa da Cultura de Boiro (onde sempre)

Ou no museo das minas de San Finx ás 9 menos vinte.

Persoal do Concello de Lousame nos fará unha visita guiada ao museo das minas de San Finx que durará sobre 30 minutos.

Empezaremos a andar polo concello de Lousame pasando polos lugares de Filgueira e Berrimes, iremos un tramo pol beira do rego de Tállara, o lugar de Merelle e iremos ata o dolmen Cova da Moura en Argalo (Noia), seguiremos pola beira do rego de Vilaboa, vendo tamén unha fervenza, pasaremos polo lugar O Canaval (Noia) e chegaremos ao punto de remate.

Nesta ruta hai tramos de camiños de montes, pistas de terra e case nada de asfalto.

Dificultade media, a subida máis importante a teremos desde que collemos o rego de Vilaboa ata o final da etapa, é longa pero o desnivel é moderado. Distancia sobre 17 km.

Hai que levar calzado axeitado para andar pola montaña, aconsellamos levar auga e algo para repoñer forzas ou comer, bocadillo pequeno, froita, barriña enerxética ou froitos secos por exemplo.

Como é unha ruta lineal vamos levar previamente ao inicio da ruta uns coches de voluntarios designados polo club ao punto final para cando rematemos a ruta levar a todos os participantes aos puntos de inicio (Boiro ou Museo Minas de San Finx).

 ------------------------------------------------------------------------

 

O sábado 18 de abril hai a andaina Bisbarra do Sar, neste enlace tes información e podes inscribirte

 https://www.andainabisbarradosar.com/


No hay comentarios:

Publicar un comentario