lunes, 17 de agosto de 2026

10, 11 e 12 de outubro tres rutas polo Parque Nacional de Peneda Geres (Portugal)

O club organiza unha saída o 10, 11 e 12 de outubro (aproveitando o festivo do luns 12)  polo Parque Nacional de Peneda Geres (Portugal) -único parque nacional de Portugal-.

So poden ir socios/as. Iremos en coches particulares, se algún non ten con quen ir pode contactar con nos e se lle buscará sitio. Faremos un grupo de whatsapp cos inscritos para concretar detalles de última hora e estar en contacto.

Estaremos aloxados no hotel rural Vista Bela do Geres (Outeiro - Montalegre. O coste de habitación doble é de 85 € a noite co almorzo incluído, non teñen habitacións individuais, e o prezo que nos diron se alguén quere habitación individual sería tamén 85 € a noite co almorzo incluido.

Plan previsto:

Sábado: cada coche se organiza como considere o punto de encontro sería aparcamento do Santuario de Nosa Señora da Peneda o 10 de outubro ás 10 horas (hora de Galicia)  -ollo en Portugal é unha hora menos-  para empezar a andar. Faremos a ruta da Peneda, sobre 11 km, circular e de dificultade moderada. Ao rematar a ruta iremos cara ao hotel visitando algún sitio de interese que coincida de paso.

Domingo: tendo en conta suxestión da oficina de turismo faremos a ruta trilho do rio sobre 19 km, circular de dificultade moderada.

Luns: ruta pendente de determinar  cerca de Pitoes das Junias. E ao rematar a ruta volta para o Barbanza.

Este plan inicial pode sufrir algunha variación.

Hai que levar algo de comida para comer nas rutas do sábado, domingo e luns. As ceas polo de agora non están reservadas, no hotel onde se vai durmir hai posibilidade de cear. 

Para inscribirse hai que:

- Facer un ingreso de:

             85 € cada persoa que vaia para habitación doble.

             ou 170 € cada persoa que vaia para habitación individual.

na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca), deixando constancia no ingreso Peneda Geres 2026, o nome da persoa/parella ou grupo inscrita (o ingreso corresponde con 2 noites e almorzos no hotel Vista Bela do Geres).

 - Contestar a este correo electrónico indicando que é para inscribirse na saída de Peneda Geres 2026, nome e apelidos, con quen vas durmir e tipo de habitación que quere "habitación cunha cama de duas prazas", "habitación con dúas camas" ou "habitación individual", no caso de que non saiba con quen vai durmir o club asignaralle compañeiro/a, neste caso de non aparecer compañeiro e ter que durmir en habitación individual deberá pagar a posteriori a diferencia por habitación individual.

 O prazo para inscribirse remata o luns 31 de agosto ou cando se enchan as habitacións. Se tes alguna dúbida respecto a esta saída podes contactar con nos por correo electrónico ou teléfono. As prazas son limitadas.

 Saúdos do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés



jueves, 6 de agosto de 2026

6 de setembro faremos a ruta “penedos de Pasarela e Traba e chegaremos ata Camelle" (Costa da Morte). Será en autobús e aberta a non socios/as

O domingo 6 de setembro faremos a ruta “penedos de Pasarela e Traba e chegaremos ata Camelle”. Iremos en autobús e aberta a non socios/as e persoas sen federar, aos que se lles fai un seguro de día. Serán sobre 15 quilómetros, diicultade media.

Preciosa ruta de sendeirismo entre Pasarela e Camelle pasando pola  paisaxe protegida "Penedos de Pasarela e Traba". Ao chegar a Mórdomo continuamos a ruta polo tramo do Camiño dos Faros ata Camelle.



Puntos de encontro:

Avda da Constitución de Boiro, zona da Casa da Cultura, enfrente a tenda aluzine ás 8.

Diante do Mercadona de Noia ás 8 e 20.

O autobús non pode agardar pola xente, debedes estar 5 minutos antes da saída nos puntos de encontro.



Para inscribirse hai que:

- facer un ingreso:

12 € se eres socio do noso club e federado (o club subvenciona parte do coste).

15 € federados doutros clubs, deberán mostrar tarxeta federativa deste ano ao subir ao autobús (vale desde o mobil).

20 € non federados (nesa cantidade unha parte é para o seguro de día).

na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca), deixando constancia no ingreso ruta Penedos, o nome da persoa/parella ou grupo inscrita.

- mandar un correo electrónico vintedouspes@gmail.com indicando que é para inscribirse á ruta Penedos, nome e apelidos e lugar onde te incorporas, no caso de que non sexas federado para facer o seguro de día deberás indicar tamén teléfono, nº de dni, data de nacemento e enderezo completo.

O prazo para inscribirse remata o xoves 3 de setembro ás 11 horas. 

No caso de que te anotes, o sábado 5 de setembro a partir das 15 horas revisa o noso blog por se hai algún cambio de última hora. Se tes algunha dúbida podes contactar con nos.

Aconsellamos levar calzado axeitado para andar pola montaña, bocadillo ou algo similar para comer na ruta e auga. Tamén se pode levar unha mochila para deixar no autobús e mudarse ao chegar.


Información dos penedos de Pasarela e Traba feita por Turismo de Galicia

Admirados miradoiros son os catro cumes que rodean o val do Traba, aberto ao océano nun extenso areal con lagoa costeira incluída. Desde a praia, eles mesmos son unha das vistas panorámicas máis espectaculares da Costa da Morte (LIC). Pedra sobre pedra elévanse ata os 274 metros de altitude e proclaman o seu nome, segundo a forma ou a lenda con que a tradición os bautizou. A Pena dos Mouros, Pena Forcada, O Castelo e a Torre da Moa son os nomes dos catro picos que delimitan o espazo.

Podemos ascender a pé desde o lugar da Costa, na parroquia de Traba, ou mellor desde o sur, nun itinerario que comeza en Pasarela, parroquia de Calo. Aquí a imaxinación popular dotou de nomes descritivos as rochas máis singulares da paisaxe. A Cachucha, O Berrón, A Aguia, A Tartaruga, O Gardián son algún deles. Nos mesmos documentos legais que os protexen, fálase de escenario onírico creado pola acumulación de formas pétreas. Morfoloxías animais e humanas que en cada nova ollada poñen a proba a imaxinación. A parte do seu valor estético ou paisaxístico as formas teñen un enorme valor científico porque permiten coñecer cal foi a evolución da paisaxe.

image.png

image.png