O club organiza unha saída o 10, 11 e 12 de outubro (aproveitando o festivo do luns 12) polo Parque Nacional de Peneda Geres (Portugal) -único parque nacional de Portugal-.
So poden ir socios/as. Iremos en coches particulares, se algún non ten con quen ir pode contactar con nos e se lle buscará sitio. Faremos un grupo de whatsapp cos inscritos para concretar detalles de última hora e estar en contacto.
Estaremos aloxados no hotel rural Vista Bela do Geres (Outeiro - Montalegre. O coste de habitación doble é de 85 € a noite co almorzo incluído, non teñen habitacións individuais, e o prezo que nos diron se alguén quere habitación individual sería tamén 85 € a noite co almorzo incluido.
Plan previsto:
Sábado: cada coche se organiza como considere o punto de encontro sería aparcamento do Santuario de Nosa Señora da Peneda o 10 de outubro ás 10 horas (hora de Galicia) -ollo en Portugal é unha hora menos- para empezar a andar. Faremos a ruta da Peneda, sobre 11 km, circular e de dificultade moderada. Ao rematar a ruta iremos cara ao hotel visitando algún sitio de interese que coincida de paso.
Domingo: tendo en conta suxestión da oficina de turismo faremos a ruta trilho do rio sobre 19 km, circular de dificultade moderada.
Luns: ruta pendente de determinar cerca de Pitoes das Junias. E ao rematar a ruta volta para o Barbanza.
Este plan inicial pode sufrir algunha variación.
Hai que levar algo de comida para comer nas rutas do sábado, domingo e luns. As ceas polo de agora non están reservadas, no hotel onde se vai durmir hai posibilidade de cear.
Para inscribirse hai que:
- Facer un ingreso de:
85 € cada persoa que vaia para habitación doble.
ou 170 € cada persoa que vaia para habitación individual.
na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca), deixando constancia no ingreso Peneda Geres 2026, o nome da persoa/parella ou grupo inscrita (o ingreso corresponde con 2 noites e almorzos no hotel Vista Bela do Geres).
- Contestar a este correo electrónico indicando que é para inscribirse na saída de Peneda Geres 2026, nome e apelidos, con quen vas durmir e tipo de habitación que quere "habitación cunha cama de duas prazas", "habitación con dúas camas" ou "habitación individual", no caso de que non saiba con quen vai durmir o club asignaralle compañeiro/a, neste caso de non aparecer compañeiro e ter que durmir en habitación individual deberá pagar a posteriori a diferencia por habitación individual.
O prazo para inscribirse remata o luns 31 de agosto ou cando se enchan as habitacións. Se tes alguna dúbida respecto a esta saída podes contactar con nos por correo electrónico ou teléfono. As prazas son limitadas.
Saúdos do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés
No hay comentarios:
Publicar un comentario