O domingo 27 de setembro faremos a ruta "A volta á Illa de Arousa". só para socios/as. Iremos en coches particulares.
Ruta
circular de 20 km. Dificultade baixa. Duración sobre 6
horas.
Puntos de encontro:
En Boiro, zona da Casa da Cultura, enfrente á tenda Aluzzine ás 8 e media.
En rotonda de Té Rianxo) ás 9 menos 20.
En rotonda de Repsol cerca de Catoira ás 9 menos 10.
Inicio
da ruta ás 9 e media.Lugar de encontro na Illa no parking amplo que
hai a esquerda na primeira rotonda despois de cruzar a ponte.
Breve
descripción:
No comezo da andaina iremos polo parque natural do
Carreirón, unha zona con de infinidade de calas e algún
observatorio para divisar paxaros.
Seguiremos pola periferia ata
chegar ó núcleo urbano, dende alí ascenderemos uns 70 metros ata o
mirador "O Con do Forno" dende onde poderemos disfrutar
dunhas fermosisimas vista da ría que lle da nome á illa.
Pasando a transitar pola parte norte onde nos atopatemos co faro en Punta Cabalo.
Pinares
e sendeiros acondicionados encauzaronnos de novo cara o cento urbán,
o Porto do Xufre camiño do punto de partida, que será o
remate.
Ruta tranquila para disfrutar dun pobo mariñeiro do
Barbanza Vintedouspés.
Para inscribirse deberás contestar a este correo indicando nome, apelidos e lugar onde te incorporas antes das 22 horas do venres 25 de setembro.
No caso de te inscribas o sábado 26 de setembro a partir das 16 horas deberás consultar o noso blog por se hai algún cambio de última hora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario