viernes, 16 de octubre de 2026

4ª etapa de "A volta ao Barbanza" o 25 de outubro

O domingo 25 de outubra faremos a 4ª etapa de "A volta ao Barbanza". Empezaremos na estrada que une Moimenta (Boiro) coa estación militar EVA10 (IROITE) zona chamada Casamea enlace de google maps: https://maps.app.goo.gl/TmQibHiJ6EuPcAMx7 e remataremos cerca de Montañó (Boiro), So poden vir socias/os do club.

Quedamos de punto de encontro:

En Boiro ás 9 menos 20 enfrente á tenda Aluzzine nunha marquesiña da Avenida da Constitución cercana á Casa da Cultura de Boiro (onde sempre)

Ou onde empeza a ruta (explicado anteriormente) ás 9 para empezar a andar.

Na primeira parte da ruta teremos -se o tempo o permite- boas vistas da ría de Muros e Noia e contra o final da ruta vistas da ría de Arousa. Veremos varias mámoas e dólmenes, Casota do Páramo, A Cavada, Pelouro, sendo o máis destacado "A Arca do Barbanza"  Este túmulo é o maior culto á morte da súa época. Os túmulos son a máxima expresión que chegou a nós das primeiras sociedades produtoras, que deciden levantar unhas robustas construcións para acoller o descanso eterno dos membros desas comunidades que perecen. Quizás un dos exemplos máis sobresalientes sexa a Arca do Barbanza, situada nas inmediacións do curso medio do Río Barbanza e que se mantén en relativo bo estado de conservación, apreciándose a cámara ou dolmen, que está formado por enormes lousas de granito, algunha delas supera as 7 toneladas de peso. Tratouse dunha obra colosal para a época o que suxire que se trataban de comunidades con grandes capacidades, non só construtivas senón tamén de cohesión social, que facilitaron a construción de magníficos exemplos do megalitismo (mega=grande, litos=pedra). Información facilitada na páxina de turismo do Concello de Boiro.

Empezaremos a andar subindo ata o monte Iroite -punto máis elevado da serra do Barbanza (687 m de altitude)- durante boa parte do percorrido percorreremos as Chans do Barbanza, onde andaremos cerca do inicio do río Barbanza e ao chegar á Portela baixaremos cara un punto cercano a Montañó.

Nesta ruta hai tramos de camiños de montes, pistas de terra e case nada de asfalto.

Dificultade media Distancia sobre 15,5 km. É dificil calcular o tempo que nos vai levar, depende do ritmo do grupo, estimamos arredor de 5 horas.

Hai que levar calzado axeitado para andar pola montaña, pasaremos por algunhas zonas algo esvaradizas,  aconsellamos levar auga e algo para repoñer forzas e comer, bocadillo pequeno, froita, barriña enerxética ou froitos secos por exemplo.

Como é unha ruta lineal vamos levar previamente ao inicio da ruta uns coches de voluntarios designados polo club ao punto final para cando rematemos a ruta levar a todos os participantes aos puntos de inicio (Boiro ou Casamea).

PARA PARTICIPAR É IMPRESCINDIBLE INSCRIBIRSE NO PRAZO ESTABLECIDO pois necesitamos sabelo para levar os coches necesarios ao punto final. Para inscribirte deberás contestar a este correo antes das 21 horas do venres 23 de outubro, indicando nome, apelidos e lugar onde te incorporas Boiro ou Casamea.

No caso de que te inscribas, o sábado 24 de outubro a partir das 16 horas deberás consultar o noso blog por se hai algún cambio de última hora.