lunes, 27 de abril de 2026

o 17 de maio faremos unha ruta por Muros, "A Cova da Bruxa"

Ola, o domingo 17 de Maio, dia das Letras Galegas, organizamos unha ruta por Muros , ¨A Cova da Bruxa ¨.

Seran sobre 18km de dificultade moderada.

Iremos en coches particulares para facilitar a mobilidade dos puntos de encontro e comenzo da ruta.

Cada quen pode organizarse cos coches e compartir.

En Boiro Avd da Constitucion, parque da Cachada para sair as 8,30h

En rotonda de Te idem 8,30h

En Noia diante da estacion de bus as 8,50h.

A prevision de comenzo ruta seria sobre as 9,30-10-45h.

O punto de encontro será 42°47'20.0"N 9°03'53.8"W , CEIP Ramon de Artaza y Malvarez, unha vez organizados os coches iremos a o punto de inicio ruta sobre 1,5 km .

Iniciamos a andaina polo rego de Vadexeira por sendeiro de rio, sombreado, peculiar, etc.

Continuamos por camiños de monte ata un refuxio onde faremos un receso para fruta e disfrutar de vistas a ria de Muros  de gran calidade fotografica, asi como toda a ruta en si posue puntos de excelentes vistas.

Un lugar de interes sera A Cruz de Pelos, onde comentarase unha breve historia e xantaremos.

Seguimos a ruta practicamente baixando ata o pobo onde pasariamos pola beira do mar, praia e o famoso Muiño das Mareas e xa finalizamos esta camiñata con diversidade de sendeiros de rio, monte e pobo.

Imos pasar por unha aldea onde temos unha fonte de boa auga para encher e refrescarse.

Para inscribirse contestar a este correo indicando nome, apelidos e onde te incorporas.

Ruta so para socios do Clube

Data para anotarse ata o 15/5/26

No caso de te inscribas, o sábado 16 de xaneiro a partir das 16 horas deberás consultar o noso blog por se hai algún cambio de última hora.

 

viernes, 24 de abril de 2026

19 de xullo faremos a ruta do Xabriña aberta a non socios/as. Iremos en autobús

O domingo 19 de xullo faremos a ruta do Xabriña. Sobre 17 quilómetros, dificultade media.

É unha ruta aberta a non socios/as e persoas sen federar, aos que se lle fai un seguro de día. Se tedes coñecidos que lles poda interesar podedes informarlles. Abrimos o prazo inscrición con bastante tempo de antelación ao ser aberta a non socios/as. Iremos en autobús.

Puntos de encontro:

Avda da Constitución de Boiro, zona da Casa da Cultura, enfrente a tenda aluzine ás 8.

Rotonda de Te (Rianxo) ás 8 e 10.

Rotonda gasolineira Repsol cerca de Catoira ás 8.20.

O autobús non pode agardar pola xente, debedes estar 5 minutos antes da saída nos puntos de encontro.

Se algún sae de Noia ou arredores podemos falar ca empresa de autobús por se poden incorporarse nesa zona contactade con nos para quedar.

Para inscribirse hai que:

- facer un ingreso:

12 € se eres socio do noso club e federado (o club subvenciona parte do coste).

15 € federados doutros clubs, deberán mostrar tarxeta federativa deste ano ao subir ao autobús (vale desde o mobil).

20 € non federados (nesa cantidade unha parte é para o seguro de día).

na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca), deixando constancia no ingreso ruta do Xabriña, o nome da persoa/parella ou grupo inscrita.

- mandar un correo electrónico vintedouspes@gmail.com indicando que é para inscribirse á ruta do Xabriña, nome e apelidos e lugar onde te incorporas, no caso de que non sexas federado para facer o seguro de día deberás indicar tamén teléfono, nº de dni, data de nacemento e enderezo completo.

O prazo para inscribirse remata o xoves 16 de xullo ás 11 horas. No caso de que te anotes, o sábado 18 de xullo a partir das 15 horas revisa o noso blog por se hai algún cambio de última hora. Se tes algunha dúbida podes contactar con nos.

Aconsellamos levar calzado axeitado para andar pola montaña e non esvarar, bocadillo ou algo similar para comer na ruta e auga. Tamén se pode levar unha mochila para deixar no autobús e mudarse ao chegar.

Descrición da ruta feita por Turismo de Galicia

O río Xabriña, afluente do Tea, convértese no verdadeiro protagonista desta ruta circular que parte da parroquia de Paraños e que visita outros lugares como Prado de Canda e A Lamosa.

Ademais da exquisita vexetación que o camiño presenta nas súas marxes, ao longo del pódese gozar dunha extraordinaria riqueza etnográfica e cultural, xa que durante toda a ruta atopamos elementos de gran valor e en bo estado de conservación, como a igrexa parroquial de Paraños, varias cerarías antigas, coma o «Lagar da Cera» en Portocortiñas, case trinta muíños ao longo do río, camiños tradicionais, fontes, pasos de auga, e pontes coma a de Ponte Folón.

O seu deseño circular divídese en dous grandes aneis.

O primeiro percorre o río dende Paraños a través de frondosos bosques e ata Ponte Folón. O segundo anel, que visita Prado e A Lamosa, achéganos ao Miradoiro de Cotos da Bouza e a pequenas aldeas onde poderemos coñecer a actividade dos antigos artesáns que se dedicaban a traballar coa cera.

Ademais, en varios puntos do camiño encontraremos paneis que recollen poesías do poeta galego Uxío Novoneyra procedentes do seu libro titulado Os Eidos.

Máis información da ruta neste enlace da comunidade de montes de Paraños https://montesparanhos.com/ecoturismo-comunidad-montes-paranhos/ruta-do-xabrina/



Próximas rutas do noso club

1,2 e 3 de maio Camiño do monxe – Ribeira Sacra. Rematou o prazo de inscrición e están as prazas cubertas.

10 de maio Pequerruta (unha novidade deste ano é a organización de pequerrutas, rutas curtas pensadas principalmente para nenos/as e mozas/os).

17 de maio ruta por Muros. En breve vos mandaremos a información.

31 de maio Nemiña – Fisterra (Camiño dos faros).

24 de maio Pequerruta.

14 de xuño Padrón – Carcacía polo Ulla.


Próximas andainas da Federación Galega de Montañismo non lonxanas:

Andaina de Cuntis 9 de maio https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/ii-andaina-50km-vila-de-cuntis

Andaina Terras de Altamira 23 de maio https://www.andainaterrasdealtamira.org/

Andaina de Porto do Son 7 de xuño https://www.deporticket.com/web-evento/13113-andaina-porto-do-son-2026


Saúdos do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés

jueves, 9 de abril de 2026

10 de maio pequerruta “Bordear Iroite”



Desde o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés consideramos que o contacto ca natureza é moi importante para o benestar dos nenos/as e mozos/as tanto a nivel físico como emocional, polo que vamos a promover neste ano catro rutas pensadas para eles. 

O domingo 10 de maio vamos facer unha ruta pensada para nenos/as e mozas/os a partir de 8 anos, pequerruta “Bordear Iroite”.
Serán sobre 9,5 quilómetros e fácil de dificultade. 
Cada menor deberá ir con pai/nai ou titor. 
Empezaremos a andar nunha explanada que hai cerca de Casamea, carretera de Moimenta a Iroite (enlace a google maps da ubicación  https://maps.app.goo.gl/V3k1LD5CBjXoPo4a8

 A ruta percorre partes dos concellos de Lousame, Porto do Son e Boiro, iremos pola balconada de Iroite, tendo vistas da ría de Muros e Noia, estaremos polas chans do Barbanza e remataremos tendo vistas da ría de Arousa. 

Iremos en coches particulares, quedamos de puntos de encontro: 
En Boiro ás 10 enfrente á tenda Aluzzine nunha marquesiña da Avenida da Constitución cercana á Casa da Cultura de Boiro 
Ou ás 10 e 25 en explanada que hai cerca de Casamea, carretera de Moimenta a Iroite (enlace a google maps da ubicación  https://maps.app.goo.gl/V3k1LD5CBjXoPo4a8

Hai que levar calzado axeitado para andar, aconsellamos levar auga e algo para repoñer forzas bocadillo pequeno, froita, barriña enerxética ou froitos secos por exemplo. 

 Para inscribirte deberás 
PASO 1 (dúas opcións): 

Opción A: Federar ao menor para todo o 2026 -ten un coste reducido entre 0 e 13 anos 15 € e entre 14 e 17 anos 23 €- e facer ao acompañante seguro de día 8 € (se colles esta opción nas seguintes pequerrutas os menores xa non terían que pagar). 
Opción B: Se prefires hai esta outra opción facer un seguro de día para o menor e para o acompañante, o coste son 8 € para os adultos e 5 € para os mozos. 
No caso de que xa estés federado na federación galega de montañismo contacta con nos pois nese caso hai outra opción. 

A modo de exemplo: 
Se escolles a opción A e vai participar un menor de idades comprendidas entre 8 e 13 anos e un adulto e se vai federar o neno para todo o ano o coste son 23 € 
Se escolles a opción B e vai participar un menor de idade e un adulto se fai seguro de día para o menor e o adulto o coste son 13 €.

 No caso de máis nenos/as nunha familia sumar os nenos/as que correspondan. 
Os ingresos se farán na conta ES2520800310553000121101 (Abanca) indicando nome e apelidos e pequerruta Iroite.
 
PASO 2: Mandar un correo electrónico a vintedouspes@gmail.com  indicando pequerruta Iroite, nome, apelidos, nº de dni, data de nacemento do/a menor, nome, apelidos, nº de dni, data de nacemento, enderezo completo con código postal e telefono do adulto e lugar onde te incorporas Boiro ou Casamea. 

O PRAZO PARA INSCRIBIRSE REMATA ÁS 20 HORAS DO 5 DE MAIO. Como as prazas son limitadas e se cubren por orde de inscrición pode ser que remate antes. 

Se tes algunha dúbida ou queres máis información podes poñerte en contacto con nos no correo electrónico vintedouspes@ ou nos teléfonos 615637227   634602412 

Neste ano temos previsto facer outras tres pequerrutas.

 No caso de que te inscribas, o sábado 9 de maio a partir das 16 horas deberás consultar o noso blog (https://vintedouspes.blogspot.com/))por se hai algún cambio de última hora.