lunes, 23 de febrero de 2026

15 de marzo 2026 segunda etapa de "A volta ao Barbanza"









Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/capela-de-san-ramon-de-bealo-ponte-do-bealo-cima-castro-barbudo-fonte-ourille-lousame-254423761

O domingo 15 de marzo faremos a segunda etapa de "A volta ao Barbanza", Empezaremos na ermida de San Ramón de Bealo (Boiro) enlace de google maps: https://maps.app.goo.gl/JCJDAVTR5ZiDmQyb6 e remataremos no Museo das Minas de San Finx (Lousame)

Quedamos de punto de encontro:

En Boiro ás 9 menos 20 enfrente á tenda Aluzzine nunha marquesiña da Avenida da Constitución cercana á Casa da Cultura de Boiro (onde sempre)

Ou na ermida de San Ramón de Bealo ás 9 para empezar a andar.

En San Ramón veremos un petróglifo e iremos ata o río Beluso, iremos un tramo pola súa beira, e pasaremos polos lugares de Landeiras, miradoiro de Castro Barbudo (xa en Rianxo), Ourille, pola parte de arriba de Saramagoso (xa en Lousame), As Arribas, Bursó, Vilas, Silvarredonda e chegaremos ás minas de San Finx.

Nesta ruta hai tramos de camiños de montes, pistas de terra e case nada de asfalto.

 Dificultade media, é algo menos dura que a primeira etapa, a subida máis importante a teremos desde que deixamos o río Beluso ata chegar ao miradoiro Castro Barbudo. Distancia sobre 16,5 km. É dificil calcular o tempo que nos vai levar, depende do ritmo do grupo e de como esté o terreo,( máis ou menos esvaradizo ou con auga nos camiños), estimamos arredor de 6 horas.

Hai que levar calzado axeitado para andar pola montaña, pasaremos por algunhas zonas algo esvaradizas,  aconsellamos levar auga e algo para repoñer forzas e comer, bocadillo, froita, barriña enerxética ou froitos secos por exemplo.

 Como é unha ruta lineal vamos levar previamente ao inicio da ruta uns coches de voluntarios designados polo club ao punto final para cando rematemos a ruta levar a todos os participantes aos puntos de inicio (Boiro ou San Ramón de Bealo).


No hay comentarios:

Publicar un comentario