O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza unha viaxe a Folgoso do
Courel o xoves 24 e o venres 25 de marzo do 2016 (Semana Santa). Aloxarémonos no
albergue turístico de Folgoso do Courel
(http://www.albergueturisticofolgosodecaurel.com/)
Sairemos o xoves 24 de marzo ás 7 da mañá de Boiro diante da Casa da
Cultura e iremos en coches particulares ata Seoane. Sobre as 10 chegaremos e
iniciaremos a ruta do río Pequeño.
Ao rematar a ruta iremos a Folgoso do Courel, onde está o albergue, posteriormente
iremos cear a Vilamor.
O venres 25 faremos a ruta circular Vilamor – Froxán - Vilar – Vilamor e
voltaremos para o Barbanza.
Nesta viaxe permitirase asistir a non federados, farase un seguro de día
para eles. Os non federados deberán pagar 10 € a maiores. Federados doutros
clubs poderán asistir pagando a maiores 4 € (deberán mostrar o carné).
Gastos da viaxe por persoa polos que hai que facer o ingreso para
inscribirse:
1 noite con almorzo no albergue 12,50 €.
Cea do xoves 15 € en Vilamor. (prezo xa pechado).
Para apuntarse nesta viaxe hai que ingresar por persoa antes do 24 de
febreiro na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca) 27,50 € (ou 37.50 €
se non estás federado, ou 31,50 se estás federado noutro club), deixando
constancia no ingreso o nome da persoa inscrita e mandar un correo electrónico
indicando que se fixo o ingreso para viaxe do Courel e nome, apelidos e
teléfono. Os que non teñen conta en Abanca para que non lle cobren comisión
poden facer o ingreso en efectivo en caixeiros intelixentes que están
instalando na maioría das oficinas de Abanca poñendo o nº de conta completo do
noso club antes mencionado.
As prazas son limitadas. Reservarase por orde de inscrición.
O desprazamento se fará en coches particulares e cada un mira con quen vai,
se hai quen non ten con quen ir pode contactar con nos.
Se alguén non quere aloxarse no albergue tamén é posible durmir en casas de
turismo rural que hai na zona. Nese caso cada un tería que buscar aloxamento e
reservar e hai que avisar ao Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés. Se hai
quen non queira apuntarse á cea tamén pode, o deberá indicar cando se apunte e
no ingreso descontará 15 € da cantidade a pagar.
No albergue hai sabas e mantas para durmir, non é obrigatorio levar saco.
Por cuestións das reservas no caso de apuntarse e ao final non poder ir so
se devolerán os 15 € da cea, sempre que se avise con 2 días de antelación.
INFORMACIÓN DAS RUTAS
Xoves: ruta do rio Pequeno
Esta ruta comeza en Seoane remontando o río Pequeno en dirección a Paderne.
Este tramo presenta pendentes moderadas e nel pódense observar as Casas do Mazo
e as Cabanas de Carballois. Para chegar a Paderne debemos cruzar varios regos e
carrozos, así como subir unha pequena costa antes de chegar á aldea.
En Paderne atopamos varías casas de turismo rural, así como o Castiñeiro do
Val da Fonte.
Saímos de Paderne, cruzamos o río Pequeno e comezamos a desandar o camiño
cara a Seoane. Para isto iremos salvando curtos tramos de ascenso e descenso de
xeito alternativo, até chegar as proximidades do Castro de Brío.
Dende alí, o camiño tórnase mais doado, pois é todo baixada até chegar a
Mercurín, onde observaremos un magnífico souto, seguido por un tupido aciñeiral
nas denominadas Taras de Mercurín, lugar no cal está o panel interpretativo
flora e fauna.
Proseguimos o descenso cara a ferrería Locay, onde atopamos o panel
interpretativo As Ferrerías. Dende aquí, e tras un pequeno ascenso, chegamos de
novo a Seoane.
Distancia: 15 km
Duración: 6 horas
Dificultade: media
Venres: ruta de Vilamor - Froxán - Vilar
Tratase dunha das rutas máis clásicas e realizadas do Courel, moi atractiva
pola variedade de paisaxes e elementos que atravesa.
Nesta ruta percorreremos algúns dos magníficos soutos do Courel e outros
bosques con gran variedad de árbores (madroños, encinas, sobreiras, etc.)
Visitando algunhas das aldeas tradicionais máis encantadoras da serra: Vilar
(bela aldea escondida no bosque e rodeada de centenarios castiñeiros), Froxán
(unha das aldeas máis bonitas da sierra, completamente restaurada onde se
celebra a coñecida “festa da Pisa da castaña”) e Vilamor (outra interesante
localidade tradicional que conta con diversas casas de turismo rural)
Por último, teremos a ocasión de visitar o coñecido Castro de Vilar, o máis
importante do Courel situado nun lugar inexpugnable sobre unha impresionante
atalaya a 547 metros de altura, e a Ermida de San Roque, pequena pero
encantadora construcción tradicional situada tamén nun marco incomparable.
Distancia: 12 km
Duración: 4 horas
Dificultade: media
No hay comentarios:
Publicar un comentario