sábado, 13 de febrero de 2016

28 de febreiro fervenzas e camiños empedrados de Boiro

Ruta de CMB Vintedouspés vai ser o 28 de febreiro - Fervenzas e camiños empedrados de Boiro. 

Lonxitude: 14 km

Tempo aproximado: 4 h.

Dificultade: media-alta

Quedamos en Boiro, diante da Casa da Cultura de Boiro (onde sempre) ás 9.

A dificultade da ruta marcámola tendo en conta o difícil acceso que ten algunha das fervenzas, así como a discorrer polos tramos de antigas calzadas que estarán cheas de verdín e moi esbaladizas.

Non hai subidas importantes salvo a do coto da Moreira.

Comezamos a andaina na canteira de Runs subindo polo camiño sacramental a carón do río Acevedro, iremos a Loxo de Abaixo seguindo antigos camiños. Chegamos a fervenza do rego dos Salgueiriños e de aí a Pomar de Río. Ao pasar esta aldea colleremos algo de asfalto para ir ver unhas fervenzas moi bonitas cunha subida monte a través na que teremos que ir con coidado ao estar mollado e o camiño é estreito.

Proseguiremos ata a aldea de Enseño, e de aí subiremos ao coto da Moreira, que é unha zona de interese arqueolóxico parecido ao Castelo de Vitres.

Cando baixemos visitaremos uns petroglifos, dos mellores e máis descoñecidos de Boiro chamados os Petóns do Castro.

Seguimos ruta  para chegar a unha fantástica corredoira que non ten que envexar á do Castelo de Vitres. Pola zona hai unha fervenza agochada que pouca xente coñece. A ruta vai tocando fin e baixando polo último camiño empedrado voltamos ao punto de partida.

Esta ruta estaba prevista para o 14 de febreiro pero os días anteriores choveu moitísimo e varias zonas estaban inundadas e para ese día diron alerta que ao final non se cumpriu moito pola mañá en Boiro.

Neste enlace está a ruta realizada feita por Juan e Puri http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=12410727

























2 comentarios:

  1. Boas,como a ruta vai por camiños empedrados e a de estar mollado e esbaradizo,quen teña bastons de treking que os traia que lle seran utiles.un saudo.

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito a ruta, camiños interesantes e moi pouco coñecidos, e fervenzas espectaculares e tamén moi pouco coñecidas, eu creo que por algún deses camiños so pasaron antes que nos os guias e as bestas ;-) , parabéns a Juan e Puri. Grazas tamén polo detallazo de montar a exposición de petroglifos, unha magoa que coincidira a chuvia nese intre.
    Apertas
    Anxo
    Anxo

    ResponderEliminar