O domingo 17 de xaneiro de 2016 o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fixo a ruta río Artes - dolmen de Axeitos (Ribeira), os punto de encontro ás 9 en Boiro, diante da Casa da Cultura, e ás 9.30 parque biosaudable de Artes (carretera de Artes - Corrubedo).
Saímos da área de ximnasia para adultos que hai na estrada que une Artes con Corrubedo e que é a saída da ruta polo rio Artes. Séguese a ruta do rio durante uns 6-7 km (camiño moi fácil), ao chegar á estrada que vai ao cámping ria de Arousa 2 collemos á esquerda para dirixirnos cara o dolmen de axeitos e despois a través de leiras, camiños e algo de estrada vamos por Sirves de volta aos coches. Calculo que serán uns 16 km fáciles.
Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11996877
Para participar é obrigatorio estar federado
en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou
rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta
pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte
con nos tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html
Se queres anotarte chama por teléfono aos
números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a:
vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio
ambiente.
Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo
por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo
vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando
rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non
tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o
resto do grupo tivera que ir agardando por ti.
No hay comentarios:
Publicar un comentario