Información por se te queres facer socio/a e federarte no
ano 2026 co Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés:
Licenzas válidas por ano natural. Todas as licenzas caducan
o 31 de decembro. A licenza poderá visualizarse mediante a App “PASO A
PASO”, para dispositivos Android e iOS, no apartado “Licenza”, para o que o/a
usuario/a deberá rexistrarse. Como usuario/a rexistrado/a, poderá gozar do
resto de funcións e utilidades da aplicación (Inscricións, Noticias, Sendeiros,
Tenda, Club FEDME, suxestións, etcétera).
Licenza de Inclusión Social. (B IS), coas mesmas coberturas
que a licenza B de ámbito nacional. Para poder tramitar esta licenza hai que
achegar unha copia do certificado de discapacidade igual ou superior do 33%.
Nova licenza da Federación Galega Montañismo (FGM C) con
ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos, sen
habilitación FEDME.
PASOS A DAR para federarte:
1.- Escoller a modalidade que che interesa
Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)
DESCONTO FAMILIAR EN FEDME
Os federados en modalidade infantíl ou xuvenÍl que no
momento da emisión da licenza acrediten ter un pai/nai ou titor/a federado/a na
federación,
obterán un descontó do 50% do prezo do seguro, so nas
modalidades FEDME.
Aplícase nas licenzas B e C.
REFUXIOS:
Os poseedores da licenza FEDME terán desconto pola
utilización dos refuxios en España, xa que a FEDME incorporouse á asociación de
correspondencia.
FEDME mantense no convenio internacional para o uso de
refuxios de montaña en Europa.
Federación Galega de Montañismo (FGM)
https://fedgalmon.gal/wp-content/uploads/2025/11/LICENZA-FGM-2026.pdf
LICENZAS OT
Terán as coberturas e disciplinas aseguradas e ámbito
territorial iguais a modalidade tipo FGM-B, dando cobertura nos meses de
setembro a decembro
LEMBRAMOS QUE AS LICENZAS FGM
NON TEÑEN HABILITACIÓN FEDME
NON FORMAN PARTE DO CONVENIO DE RECIPROCIDADE DE REFUXIOS -
NON TEÑEN DESCONTO
NON HABILITAN PARA AS COMPETICIÓNS FEDME
2.- Ingresar a cantidade que corresponde + 20 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e modalidade escollida. (no caso de altas de nenos/as non pagan cota de socio/a pero deben ter un pai/nai ou titor socio/a)
A modo de exemplo:
FEDME:
-Un adulto (de 26 anos en adiante) que escolla a modalidade
A da federación española con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo
francés, Andorra e Marrocos que inclue excursionismo, campamentos, marchas de
montaña, sendeirismo, marcha nórdica e participación nas andainas (Sen incluir
a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 86,20 € (66,20 de licenza e 20
cota do club).
-Un adulto (de 26 anos en adiante ) que escolla a modalidade
B con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos
que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, marcha nórdica, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta
Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de
Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e
Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 109,20 € (89,20 licenza e 20 cota
do club).
FGM:
-Un adulto (maior de
25 anos) que escolla a modalidade AU (A) terá de ámbito territorial Galicia, as
disciplinas da modalidade A, tería que pagar en total ao ano 68 € (48 licenza e
20 cota do club).
-Un adulto (maior de 25 anos) que escolla a modalidade AU
(B) terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade B, tería
que pagar en total ao ano 81 € (61 licenza e 20 cota do club).
-Un adulto (maior de 25 anos) que escolla a modalidade AU
(C) terá de ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e
Marrocos as disciplinas da modalidade B, tería que pagar en total ao ano 94,38 € (74,38 licenza e 20 cota do club).
- Se estás federado noutro club e queres facerte socio/a do
noso deberás ingresar so 20 € (cota do club)
- Ten en conta que hai duas modalidades de inclusión social
(A IS e B IS), coa mesma cobertura que a licenza A e B respectivamente. Para
poder tramitar esta licencia deberá aportar copia do certificado de
discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Os/as nenos/as, mozos/as e adultos entre 18 e 25 anos
teñen prezos reducidos
3.- Cubrir formulario neste enlace
https://forms.gle/gbKq7zQUnJZTSLLG8
Se queres máis
información podes consultar:
https://fedgalmon.gal/licenza-federativa/
http://vintedouspes.blogspot.com/
ou contactar a través do correo electrónico
vintedouspes@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario