Rutas previstas para o ano 2026 (este plan pode sufrir variacións):
Realizaremos catro PEQUERUTAS ou rutas infantís para promocionar o contacto ca natureza aos nenos/as. Deberán ir acompañados por alomenos un adulto (pai/nai ou titor) e o Club farase cargo da cota dos nenos e nenas e so terán que pagar a alta federativa anual (15€ para menos de 14 anos e 23 para mozos entre 14 e 17 anos). Cando as poñamos en marcha concretaremos os detalles.
Rutas en domingo:
A primeira ruta de 2026 será a de Porto do Son, sobre 15 km, o día 18 de xaneiro.
As seguintes propostas están sen concretar datas pois dependerá de distintos factores
Ruta pola Illa de Arousa.
Ruta Penedos de Pasarela e Traba e Costa da Morte.
Ruta por Muros.
Ruta dos tres pazos (Negreira)
Etapa Nemiña a Fisterra (Camiño dos faros)
Ruta do Xabriña (Covelo - Pontevedra).
Dar a volta ao Barbanza en cinco ou seis etapas.
Padrón a Carcacia polo Ulla.
Saídas de fin de semana:
Camiño do Monxe, na Ribeira Sacra. Realizar dúas etapas e outra máis da zona. Data: do 1(venres) ao 3 de maio. (unindo fin de semana co festivo do 1º de maio)
Peneda - Geres (Portugal). Datas: 10, 11 e 12 de outubro (unindo fin de semana con festivo do 12 de outubro).
Outono nos bosques de Allariz. Datas: fin de semana 14 e 15 de novembro.
Calendario de andainas da Federación Galega de Montañismo
Neste enlace podes ver o vídeo con fotos da maioría das rutas do club no 2025 https://youtu.be/TkmxA2SO_BE

No hay comentarios:
Publicar un comentario