jueves, 21 de diciembre de 2023

programa provisional de rutas e información para federarse no ano 2024

 o programa provisional de rutas no ano 2024 é o seguinte.

- O 14 de xaneiro faremos a ruta “Pedras miudas e arredores” (Catoira).

- Facer sete etapas en domingos seguidos do Camiño francés a partir do 4 de febrero. Iremos en autobús. As dúas primeiras serán abertas a non socios/as.

- Pozas de Melón. Iremos en autobús.

- Fervenzas Caldas e Barosa. 

- O Pindo.

- Fragas do Eume. Iremos en autobús.

- 17, 18 e 19 de maio, tres días pola zona de Pena Trevinca. As rutas que temos previstas son as seguintes: "ascensión a Pena Trevinca" (cume máis alto de Galicia), "teixedal de Casaio" e unha ruta polo Parque Natural Enciña de Lastra, “rio Sil, Pardollán, Vilardesilva e Covas”.

- Na ponte do 25 de xullo iremos catro días ao Parque Natural de Redes (Asturias). https://naturalezadeasturias.es/espacios/visita/destinos/PN-redes.html. As rutas previstas son: Tiatordos, desfiladero de los Arrudos, Peña del viento desde Brañagallones, e ruta del Alba foz del Nozalín.

- Fin de semana no outono con rutas pola zona de Celanova, en principio ruta de Cortegada e rio Gorgua, con posibilidade de balneario. Iremos en autobús.

Destas rutas iremos mandando información cando se acerque a data de celebración.

Hai rutas para o segundo semestre do ano pendentes de decidir que se anunciarán máis adiante.

Para participar nestas actividades hai que ser socio/a do club e estar federado, a continuación vai a información por se te queres facer socio e federarte no ano 2024:

1.- Escoller a modalidade que che interesa, ver este enlace https://fedgalmon.gal/licenza/

Sin título.jpg


2.-Ingresar a cantidade que corresponde + 12 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e modalidade escollida.

A modo de exemplo:

-Un adulto que escolla a modalidade A con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 95 € (83 de licenza e 12 cota do club).

-Un adulto que escolla a modalidade B con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 99 € (87 licenza e 12 cota do club).

-Un adulto que escolla a modalidade AU terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade B, tería que pagar en total ao ano 73 € (61 licenza e 12 cota do club).

- Se estás federado noutro club e queres facerte socio/a do noso deberás ingresar so 12 €

Ten en conta que hai modalidade de inclusión social (B IS), coa mesma cobertura que a licenza B nacional. Para poder tramitar esta licencia deberá aportar copia do certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%.

3.- Cubrir formulario neste enlace https://forms.gle/EUdfasEwNt3FTfdo6

Se queres máis información podes consultar o noso blog http://vintedouspes.blogspot.com/ , contactar a través do correo electrónico vintedouspes@gmail.com ou no teléfono 609 071 273. Toda a información referente á xestión de licencias (prezos, coberturas da póliza, protocolo de actuación e cadro médico) podes atopala en https://fedgalmon.gal/licenza/.

Que pases unhas boas festas e un próspero ano novo gozando da natureza e das montañas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario