sábado, 9 de diciembre de 2023

Domingo 17 de decembro o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza a ruta río Confurco - parque de San Mamede - río Beluso.


Esta ruta empeza na ermida de San Ramón de Bealo (Boiro) vamos cara o río Confurco, vamos un tramo pola súa beira, ten un paso un pouco complicado por unhas pedras -similar a outros polos que xa temos pasado outras veces- pero indo con calzado axeitado e con coidado pásase ben. Despois vai cara ao parque de San Mamede, onde esta a capela de San Lourenzo e unhas fermosas sobreiras. Pasamos por uns bolos graníticos, un deles é chamado "cama do santo". Continuamos cara un cruce de carreteras, O Confurco, baixamos por bosque e subimos, collendo unha pista que nos leva cara o rio Beluso, vamos un rato pola súa beira e voltamos á ermida de San Ramón.
Dar as grazas a Arturo Trillo por darnos a coñecer partes desta ruta.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario