SEGUIMOS CO PLAN PREVISTO
O domingo 22 de maio o Club de Montaña do Barbanza organiza a ruta fervenza do Rexedoiro (Val do Dubra). Distancia:15km, dificultade baixa.
Saida as 9 h de Boiro, ás 9.10 rotonda de Te (Rianxo) e ás 10 no campo da Feria en Bembibre
Duración sobre 5h,farase unha parada sobre as dúas para comer.O rematar se pode visitar a os sartegos da Pedra do Home en Portomouro (a 5 minutos de onde rematamos) e Ponte Maceira.
Senda circular que comenza e remata no Campo da Feira de Bembibre. Desde este punto, o camiño transcorre pola marxen dereita do río Dubra ata Insua de Santa Mariña de San Román, desde onde volve ó inicio. No seu percorrido, se desvía ata o cauce do Rego do Porto, afluente do Dubra, que forma a fervenza do Rexedoiro , dous tramos, sumando uns 10 metros de desnivel.
O percorrido alterna camiños e sendas de pescadores, así como terras agrícolas de cultivos y praderías con zonas forestais, indo a maior parte por bosques autóctonos.
So poden asistir federados e socios do club. Vamos en coches particulares.
Se te queres inscribir manda un correo electrónico ao club vintedouspes@gmail.com antes das 16 horas do sábado 21 de maio.
Se te inscribes, revisa o sábado 21 de maio a partir das 18 horas por se hai algún cambio de última hora a páxina do club http://vintedouspes.blogspot.com/
____________________
Neste enlace están as fotos das rutas da Ribeira Sacra https://www.blogger.com/blog/post/edit/4692442742333391522/4324583179881642723
No hay comentarios:
Publicar un comentario