lunes, 20 de diciembre de 2021

Rutas previstas para o ano 2022

 O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés informa das rutas previstas para o ano 2022

9 de xaneiro: rio Traba (Noia).

30 de xaneiro: Sendeiro de Zobra (Lalín).

20 de febrero: fervenzas e camiños empedrados de Boiro.

13 de marzo: Fragas da Ribeira e do Lostegal (As Pontes).

3 de abril: Codeseda – Sabucedo (A Estrada).

Fin de semana 23 e 24 de abril: dúas rutas por Castro Caldelas. Mirador de Matacás e bosques máxicos. Durmir en Hotel as maceiras (Trives).

17 de maio: fervenza do Rexedoiro (Val do Dubra). 

5 de xuño: Enseada do Baño, Segaño, Chanteiro (Mugardos).

24 (festivo), 25 e 26 de xuño tres días de sendeirismo por Somiedo (Asturias) e Babia (León):

Venres 24 de xuño: La Cueta - Fontes do Sil - pico Pena Orniz.

Sábado 25 de xuño: Lagos de Saliencia – Lago del Valle – pico Albos oriental.

Domingo 26: La peral – collado La Enfistiella – Pico Mocoso – La Peral

O 2 de outubro o noso club organiza andaina de 25 km (haberá unha variante de 15 km), que forma parte dos open de andainas de 25 km de Galicia.

En outubro se fará un fin de semana polo Bierzo.

No segundo semestre do ano aparte doutras rutas aínda sen concretar tamén está previsto facer unha ou duas rutas do Camiño dos faros e unha polas fragas do Eume.

Quen queira participar nestas rutas pode facerse socio do club, máis información en http://vintedouspes.blogspot.com/ ou no teléfono 609 071 273

No hay comentarios:

Publicar un comentario